Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 28/09/2016 | Actualizada ás 16:32
A Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO) vén de presentar a aplicacón móbil Bird Counter, dispoñible para dispositivos Android. Trátase dunha ferramenta para realizar contaxes de aves en censos, transectos e saídas ao campo, permitindo contar sinxelamente ata cinco especies e compartir despois as observacións por distintos medios.
Bird Counter permite ao usuario levar a conta das aves que avistou. Para iso, hai que asignar un botón a cada ave que se conte e, sen quitar laavista dos prismáticos ou do telescopio, premer o botón correspondente á especie identificada.
Cando se remata a observación, os avistamentos ordéanse e poden ser gardados na nube ou compartirlos por correo electrónico e redes sociais, gardando un rexistro dos censos nos que se participe.
Na pantalla de axustes pódese cambiar o idioma entre galego, castelán e inglés, e o número de especies que se contarán, desde unha até cinco.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.