Comparte esta noticia

As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) decidiron manter en privado o debate sobre o cisma que se está producindo no partido, tanto a nivel estatal como galego. O seu secretario xeral, Aitor Bouza, recoñecía hai dous días a GC que, como organización, non ían facer valoracións públicas. "O que teñamos que dicir farémolo nos órganos internos do partido", explicaba. Porén, Bouza decidiu opinar como militante e pediu a toda a famlia socialista "respecto" entre todos e á decisión que tome a militancia.

Aitor Bouza, secretario xeral das XSG
Aitor Bouza, secretario xeral das XSG | Fonte: pontevedraviva.com

"Somos un partido histórico cun gran pasado. Todos e todas temos que ser parte do presente e do futuro. Ninguén sobra e para iso fai falla respecto. É hora de que todos e todas falemos e decidamos o noso futuro xuntos", expresou o secretario xeral das XSG nun comunicado persoal publicado no seu perfil en Facebook.

Aitor Bouza tamén apelou ao papel decisivo dos militantes socialistas, que deberán ser, na súa opinión, os que decidan o camiño a seguir. "O veredicto da militancia será o que nos deba unir a todos tras unhas grandes siglas: PSOE. Fagámolo por toda a xente que precisa da política e do socialismo para vivir con dignidade e hoxe mira para nós asombrada por todo este espectáculo que se está a dar", manifestou o dirixente dos máis novos no socialismo galego. 

DESCULPAS

Bouza quixo ter palabras de agradecemento, e tamén de desculpas, a toda a familia socialista e os seus simpatizantes nuns momentos nos que a imaxe do partido se resinte: "A toda esa xente: grazas pola vosa paciencia, cariño e apoio e as máis sinceras desculpas por todo este bochorno. Estou convencido de que imperará a cordura e poderedes volver a mirar para nós con orgullo dun partido que segue a loitar por unha sociedade máis xusta e igualitaria en contra das políticas que levan a cabo os gobernos do Partido Popular", concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

1 M. Meixide

Que agardar dun cachorro doméstico do PsoE? Se xa tan novo é amamantado polo aparato, criado para servir, aplaudir e tragar, que ante a revolta da vella garda (os das portas xiratorias nos oligopolios, os responsables do terrorismo do Gal, os de Prisa, os de Filesa, os que representaron a época máis corrupta da política estatal e en Andalucia), e ante esta graxa noxenta que non quere perder o control do PsoE, Aitor Bouza, o mozo de ideas avellentadas, non se posiciona. Agarda que escampe para salvar o traseiro e seguir progresando no PsoE. Con mozos así que goberne o Partido Podre! Nada muda, salvo o propietario da boca que mama do poder!

1 Comunista

"Cachorro doméstico, amamantado polo aparato, criado para servir,..." non sei que me recorda? Lobeira, Pontón, Aboi...?