A aguia real que superou disparos e incendios volve a Galicia

“Eufemia” foi recuperada polo Grupo de Rehabilitación da Fauna Autóctona (GREFA) en 2008 no Xurés. Tras vivir na Cordilleira Cantábrica volveu a Galicia.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 09/10/2016 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

“Eufemia” non é un nome calquera. Podería ser o nome dunha mascota común, dun cabalo, ou dunha vaca, pero, non... É o nome dunha aguia real que representa, en parte, o espírito de supervivencia desta especie en Galicia.

Solta da aguia real Eufemia, no Xurés, en 2008
Solta da aguia real Eufemia, no Xurés, en 2008 | Fonte: grefa.org

Esta ave foi tratada no Hospital de Fauna Salvaxe de GREFA tras nacer en catividade nesas instalacións en abril de 2008. Pouco despois foi liberada na Serra do Xurés (Ourense) dentro do proxecto de reforzamento desta especie. Desde ese momento, “Eufemia” converteuse nunha lenda entre o persoal desta asociación polas múltiples aventuras e desventuras que padeceu.

Entre estas últimas, un disparo durante as súas primeiras dispersións tras ser liberada, o que a obrigou a reingresar no mesmo hospital do que saíu en novembro de 2008, segundo apunta GREFA. Durante esta segunda estancia tivo que ser operada e superar unha difícil fase de rehabilitación, para volver ser liberada en xullo de 2009 no Xurés. Alí sobreviviu a varios incendios para finalmente deixar Galicia e asentarse na provincia de León en plena zona de osos da Cordilleira Cantábrica.

Pero, fai moi pouco, o pasado 29 de setembro, "Eufemia" regresou á Serra do Xurés, xusto cando se ía celebrar, curiosamente, o Día das Aves. Por iso, desde GREFA aproveitan para contar a súa historia e, deste xeito, chamar a atención sobre as máis de 40.000 aves que durante os 35 anos de actividade que levamos foron atendidas no seu hospital e puideron volver a reinsertarse na natureza.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Joseva

Poden darse un Agasallo e persomir do que non temos 2 parexas censadas entre a provincas de Ourense e Lugo mentras en Cataluna LLeida estan a falar de 50/70 parellas censadas.Puros "Figurantes" e o que somos.