Independentistas de Causa Galiza e detidos na 'Jaro' piden reunirse co BNG e En Marea

Queren que presenten iniciativas para rexeitar a súa ilegalización. Os nacionalistas confirman que manterán esa xuntanza, mentres que En Marea está, aínda, pendente de analizar a petición.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/10/2016 | Actualizada ás 20:02

Comparte esta noticia

O colectivo de nove independentistas ligados á ilegalizada Causa Galiza e detidos o 30 de outubro de 2015 no marco da 'Operación Jaro' contra "o ámbito de Resistencia Galega" solicitaron esta semana dúas reunións formais co BNG, que accede a manter a entrevista, e En Marea, que aínda está pendente de analizar a petición.

Manifestación en contra da ilegalización de Causa Galiza
Manifestación en contra da ilegalización de Causa Galiza | Fonte: @Causagaliza

Nun comunicado, este colectivo sostén que, dende a súa "liberación e imputación" por parte da Audiencia Nacional, sostén a tese de que a 'Operación Jaro' e o proceso xudicial en curso son "unha farsa político xudicial" que busca "amedrentar a militancia nacionalista galega, imposibilitar a lexítima autoorganización do independentismo galego e abortar a cosntrucción dun proxecto político independentista recorrendo para iso a acusacións infundamentadas".

Así as cousas, sinalan que o obxectivo da reunión coas organizacións de BNG e En Marea é "solicitar de ambas as dúas formacións" que contribúan a presentar nos concellos e no Parlamento mocións de rexeitamento á ilegalización de Causa Galiza e de esixencia que se "arquive a causa aberta contra os nove militantes".

Estas reivindicacións -sostén o colectivo- "xa foron asumidas no pasado recente" por parte do BNG e "tamén das formacións que integran En Marea.

A AUDIENCIA NACIONAL, "TRIBUNAL POLÍTICO"

En declaracións a Europa Press, o secretario de Organización do BNG, Bieito Lobeira, recordou que a organización nacionalista xa se manifestou no seu día "en contra" da ilegalización de Causa Galiza, que acusou de "arbitraria, tendenciosa e sen fundamento".

Lobeira acusou a Audiencia Nacional de exercer de "tribunal político". Ha aclarado que a petición lles chegou "hai pouco, que a entrevista se celebrará e, posteriormente, se estudarán as cuestións en concreto que pon sobre a mesa o colectivo.

Pola súa banda, En Marea está aínda en fase de analizar a solicitude.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta