Temas: VODA

Canto custa unha voda en Galicia?

As vodas seguen crecendo e xerando negocio en Galicia. En 2015 o número de matrimonios incrementouse un 4,8%. Baixan as relixiosas e soben as civís.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 17/10/2016 | Actualizada ás 09:20

Comparte esta noticia

En Galicia as vodas non só seguen de moda senón que van en incremento. Segundo os últimos datos do INE, en 2015 o número de matrimonios creceu un 2,3% no total de España e un 4,8% en Galicia, alcanzado os 9.234 matrimonios. 

Imaxe de recurso dunha celebración dunha voda
Imaxe de recurso dunha celebración dunha voda | Fonte: pixabay.com

Por provincias, tamén é a da Coruña a que concentra o maior número de ligazóns, o 46%, seguida por Pontevedra (34%), Lugo (11%) e Ourense (9%). O gasto medio na celebración da voda tamén experimentou un incremento durante os últimos anos, tanto no conxunto de España como en Galicia.

Aínda que o custo depende de factores como o número de invitados, o lugar elixido para a celebración, o tipo de banquete ou a roupa, os últimos datos sitúan o gasto medio para unha voda de 100 invitado en 16.534 euros a nivel estatal e só un pouco por baixo, 16.320 euros, en Galicia.

O que si está á baixa en Galicia é o número de vodas relixiosas, das 9.234 vodas que se celebraron en 2015, 6.610 foron civís, 2.486 polo rito católico e 138 seguiron outros ritos. Só na Coruña, as vodas relixiosas reducíronse á metade desde 2005.

Estes datos estiveron moi presentes no Salón nupcial ExpoBE&C Santiago, que concentrou a máis 60 empresas do sector este fin de semana no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia. As parellas que van contraer matrimonio nos próximos meses, puideron atopar asesoramento sobre as últimas tendencias en moda nupcial e de festa, fotografía, música, hostalaría, animación, invitacións, agasallos para convidados ou decoración, entre outras moitas cousas.

Entre as numerosas casetas houbo opcións para todos os tipos de cerimonia e de celebración, así como para todos os gustos e orzamentos, como fotografías con drones, photocalls ou arranxos de flores preservadas.

Así, e segundo a organización do evento, os noivos galegos apostan cada vez máis por vodas personalizadas nas que se mostre a súa personalidade e os seus gustos. “Por iso os expositores esfórzanse cada ano en ampliar os seus servizos, traer a Galicia as tendencias que están a triunfar noutros lados e ofrecer así aos visitantes o maior número de opcións posibles”, suliñou nun comunicado.

Dentro dunha semana, o sábado 22 e o domingo 23, a cita repetirase na Coruña, onde se celebrará xa a 11ª edición do Salón ExpoBE&C. Novamente será no Palexco, onde participarán un centenar de empresas. 

Temas: VODA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Tróntxome

Hai que fo..der máis e casar menos.