A entrevista de Carlos Luis Rodríguez a Carlos Callón

Posto que tivemos moitas peticións ao respecto, tamén vos enviamos un enlace onde podedes ver a entrevista de Carlos Luis Rodríguez a Carlos Callón no programa Foro Aberto, o substituto de 'Hai Debate', e no que o entrevistador entra a discutir co seu entrevistado emitindo opinións persoais incumprindo certas normas básicas dunha entrevista. Podes velo aquí.

Por Galicia Confidencial | Galicia | 21/10/2009 | Actualizada ás 11:29

Comparte esta noticia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 113 comentarios

63 Clariño

Manifestante, entrando no da manifestación, insisto en que a ninguén se lle escapa que era unha manifa do BNG. Alguén dixo que nela estaba Javier Losada, se está por aquí, que o demostre cunha ligazón á prensa. Non estaban os do PSOE na Cruña, nin Abel Caballero, nin os concelleiros do PSOE en Vigo, nin o alcalde de Lugo, etc.

Á manifa foron os do BNG, como o demostra que non había unha soa bandeira do PSOE. Todas eran do BNG con esa estrela dos que aínda viven no século XIX ou XX.

O problema está en que o BNG vai a menos, por exemplo o líder que teñen actualmente non ten gancho de ningún tipo; pola Cruña danlles nas municipais un baixón até os 2 concelleiros; como o demostra tamén que Feijoo sabe que ten moi doado conservar esa maioría absoluta que ten: tan so ten que facernos unhas cantas obras públicas (metro lixeiro, conexión da autopista con Alvedro, etc.) e que se vexa que como representante dos galegos, defende en Madrid os intereses da cidade, por exemplo para que Fomento amplíe dunha vez os 400 m de pista no aeroporto, e con so eso, Feijoo ten aos coruñeses gañados. Sempre foi así. Paco Vázquez gañou porque facía cousas e o BNG perdeu sempre e vai a menos na cidade e na súa área de influencia porque nunca nos puido ver, como o amosa a súa oposición a Alvedro, o porto exterior e todo aquelo que produce medo a quen sempre quixo afundir a un dos motores económicos de Galicia. Que sigan, que sigan, que así gañarán votos.

62 Clariño

O evidente non precisa demostración. Invito aos lectores a que lean o que dixo onte e hoxe o nick "Clariño tamén", que ao igual que Callón, apoia aos filoterroristas de HB. Retrata ben ás claras e fai evidente que non se debe dar un peso a este tipo de xente: visceralidade, desmesura, crispación, violencia verbal, etc.

61 Manifestante

Pois eu diría que cada quen terá a sua opinión pero "Un Que leu" fai unha exposición longa pero clara e sen insultos nen artificios, ademais de invitar ao participantes a retornar ao fio da nova sobre a vileza, ou non? da entrevista na TVG a un dos moitos impulsores da multitudinaria e plural manifestación que se celebrou o 18 en Compostela e convocada pola Plataforma cívica Queremos Galego!.

60 anonimus

Pra que logo digan que na tvg non ten cabida os extremistas... eiquí temos a Carlos Callón na tvg

59 anónimo

vai trapallada de texto, lucernario