A Xunta ve "incrible" que o Concello de Vigo cuestione a titularidade do antigo edificio dos xulgados e pide "sentido común"
Segundo explicou o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, o edificio foi traspasado por parte do Goberno central á Xunta "hai máis de 30 anos", polo que está inscrito no Rexistro de Bens do Executivo autonómico, que é quen paga "relixiosamente" o Imposto de Bens Inmobles (IBI) desde hai 30 anos.
Por Europa Press / Redacción | VIGO | 05/02/2025 | Actualizada ás 14:39