Un que leu: se "O entrevistador tentou varios excursi (primeiro co aborto, despois co ministro de Xustiza)" entón puxo ao seu entrevistado ante as súas contradicións, entre outras, pregunta CLR:
a) ¿Por qué se debe facer mais razón a un manifestante que a un elector? E engade o mesmo CLR que "a cuestión lingüística foi fundamental nas eleccións" levando como levaba o PP a derogación do decreto no ensino.
b) Ante as manifestacións de Callón nas que di que o decreto ten un consenso absoluto (estudiantes, sindicatos, movimentos de renovación pedagóxica, etc.) CLR dille que nese consenso non estaban os pais.
c) Sobre a consulta aos pais, da que Callón ven a dicir que é chapuceira, CLR pon de manifesto que non se pode dicir que a manifa do domingo é representativa da vontade popular e a consulta non. Porque se a consulta non informa ben sobre a vontade dos pais, é para min evidente que a manifa non representa ao pobo galego.
d) Cando Callón se queixa de que o goberno de Feijoo gastou 160 mil euros na enquisa aos pais, porque lle parece un xeito de malgastar eses cartos, CLR di que a Mesa está subvencionada, e a ninguén se lle escapa que moitos galegos pensan que son cartos tirados.
e) Cando Callón di que na manifa estivo todo o mundo salvo o PP, CLR dille que todo o mundo non, que non estivo todo o PSOE, cousa evidentemente certa.
f) Como Callón di que a Mesa é unha organización plural, CLR pregúntalle cómo é posible que sendo esto así, a Mesa atacase ao PP ou ao PSOE, pero nunca ao BNG.
g) Ao poñer en evidencia a contradicción anterior, Callón queixase de que CLR use termos como "ataque", ou que lle pregunte se o BNG e dabondo "duro" na defensa do galego, ao cal CLR resposta que tamén Callón usa outros como "apartheid" ou "galegofobia".
Home, penso eu que CLR si colocou a Callón ante as súas contradicións.