Refuxiados sirios traballan para Inditex en Turquía en condicións ilegais e perigosas

A BBC emite unha reportaxe de investigación que mostra como desprazados de Siria están a traballar en situación irregular en factorías turcas que fabrican prendas para as grandes compañías do textil europeas. Nalgunhas fábricas mesmo se atoparon casos de explotación infantil.

Por Galicia Confidencial | Londres | 24/10/2016 | Actualizada ás 17:13

Comparte esta noticia

Non é a primeira vez que o xigante galego Inditex se ve envolto nun escándalo de explotación laboral. Asía, Marrocos, Brasil... e agora Turquía. A cadea británica BBC destapou un novo caso que demostra que Inditex e varias compañías están usando a refuxiados sirios que están traballando de maneira irregular nas súas factorías. O máis grave é que moitos deles son menores. De feito, a BBC fala literalmente de "nenos refuxiados sirios facendo roupa para os compradores británicos", se ben no caso da compañía galega non se detectou ningún caso de explotación infantil.

Refuxiados sirios traballan como ilegales e sen protección nunha fábrica de roupa de Mango e Zara en Turquía. Imaxe da reportaxe 'Undercover: The Refugees Who Make Our Clothes'
Refuxiados sirios traballan como ilegales e sen protección nunha fábrica de roupa de Mango e Zara en Turquía. Imaxe da reportaxe 'Undercover: The Refugees Who Make Our Clothes' | Fonte: BBC.

O caso destápao o programa Panorama, da cadea británica, que se coou nas fábricas en Turquía de varias compañías occidentais do textil, nas que se atoparon nenos e nenas traballando na confección de roupa para empresas como Marks & Spencer e o minorista en liña Asos. "Tamén se atoparon refuxiados adultos que traballan ilegalmente en Zara e Mango na fabricación de pantalóns vaqueiros", denuncia a BBC.

MANGO E ZARA

A investigación atopou refuxiados sirios que traballan 12 horas ao día nunha fábrica de pantalóns vaqueiros para Mango e Zara, da galega Inditex.

"Os refuxiados traballaban na pulverización de productos químicos perigosos para branquear as prendas, pero a maioría dos traballadores nin sequera teñen unha máscara básica", denuncian os autores da investigación.

Mango asegura que non tiña coñecemento de que esta fábrica era unha subcontrata, segundo a BBC. "A súa inspección posterior non encontrou ningun traballador sirio, segundo a marca, e os que alí están se atopan en "boas condicións agás nalguns casos concretos sobre medidas de seguridade persoais", recolle a televisión británica.

A empresa matriz de Zara, Inditex, dixo á BBC que os seus inspecciones de fábricas son parte dun sistema de control que asegura unha "forma moi eficaz de seguimento e a mellora das condicións laborais". A BBC lembra que "xa se atopara un incumprimento significativo nunha auditoría en xuño e se lle dera á fábrica até decembro para facer as melloras necesarias".

MALTRATOS E EXPLOTACIÓN

Segundo apunta a cadea británica, todas as marcas aseguran que fan controis das súas cadeas de subministro e non toleran a explotación de refuxiados e de menores. Así, Marks & Spencer di que os seus inspecciones non atoparon un só refuxiado sirio na súa cadea turca. Porén, Panorama encontrou sete sirios traballando nunha das principais fábricas da compañía británica. "Os refuxiados a menudo gañaban pouco más dunha libra por hora, moi por debaixo do salario mínimo turco. Estes foron empregados a través dun intermediario que lles paga en efectivo na rúa", explican os xornalistas británicos. Un deses refuxiados mesmo confesou a Panorama que eral maltratados na fábrica

"O traballador más novo entre estes refuxiados tiña tan só 15 anos e traballaba máis de 12 horas ao día planchando a roupa antes de que se enviase ao Reino Unido", relata a BBC.

Un portavoz de Marks & Spencer dixo á cadea británica que o revelado polo programa é "extremadamente grave" e "inaceptable para M&S" e que a intención da compañía é ofrecer un emprego legal permanente a calquera sirio empregado na fábrica.

"O comercio ético é fundamental para M&S. Todos os nosos provedores están contractualmente obrigados a cumprir cos nosos principios globais de abastecemento, que cobren o que esperamos e esiximos deles e do seu comportamento cos traballadores", explica a fonte consultada pola BBC, que engadiu: "Non toleramos tales violacións destes principios e faremos todo lo posible para garantir que insto non volva a suceder".

Porén, existen voces críticas que aseguran que os minoristas non están facendo o suficiente para deter isto, como indica a televisión pública do Reino Unido. Así, Danielle McMullan, do Business & Human Rights Resource Centre, asegura á cadea británica que as marcas teñen que entender que son as responsables: "Non é suficiente dicir que non se sabe nada acerca disto e que non é a nosa culpa. Estas empresas teñen a responsabilidade de supervisar e coñecer onde se están fabricando as súas roupas e en que condicións", advirte McMullan na reportaxe.

Segundo explica a BBC, Turquía converteuse nun dos principais provedores de Europa pola súa cercanía, o que lle permite abastecer o mercado occidental máis rapidamente que as fábricas asiáticas, por exemplo. Pero "a preocupación vai en aumento pola explotación dos traballadores despois da chegada de case tres millóns de refuxiados sirios", apuntan os xornalistas británicos, que explican que "a maioría dos refuxiados non ten permiso de traballo e moitos están traballando ilegalmente na industria da roupa".

Así, o reporteiro de Panorama Darragh MacIntyre falou con decenas de traballadores sirios que ven que están sendo explotados: "Ellos falan de salarios e condisións de traballo lamentables e terribles. Saben que están sendo explotados, pero tamén que non poden facer nada ao respecto", relata o xornalista.

Por exemplo, nun taller de Estambul, o equipo do programa encontrou varios niños sirios baixo condicións de traballo "moi duras" e descubriron mostras da canle de venda online Asos na oficina. "Asos acepta que as súas prendas foron feitas na fábrica, pero di que non é unha fábrica aprobada. Desde entón, a compañía comprobou que había 11 adultos sirios e tres cativos sirios menores de 16 anos no traballo", indica a BBC.

Segundo Asos, estes menores serán apoiados agora economicamente para poidan regresar á escola e os refuxiados adultos recibirán un soldo até que atopen un traballo legal. Un portavoz da compañía dixo á BBC: "Puxemos en marcha estes programas de recuperación a pesar do feito de que esta fábrica non ten nada que ver con Asos".

Noutra fábrica de Estambul, Panorama encontrou adultos sirios traballando canda cativos turcos de ate 10 anos de idade. O propietario dixo que estivera traballando para a británica Next e mostrou ao equipo de reporteiros británicos prendas desta marca, en concreto, pixamas. Segundo a empresa británica, as súas prendas son feitos en realidade por outro provedor e asegura que a peza mostrada na reportaxe da BBC non demostra nada. 

A reportaxe Undercover: The Refugees Who Make Our Clothes emítese hoxe na BBC, ás 20:30 GMT, e estará dispoñible en iPlayer da BBC.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta