Galicia, a "cidade única"...de Feijóo

Dende a súa chegada ó Goberno galego,  Feijoo ten investido unha parte importante do seu tempo e dedicado unha  porción considerable das decisións que toma coma Presidente a preparar as vindeiras Eleccións Municipais, en concreto a traballar para ter unha opción nas cidades galegas, gobernadas na súa totalidade por socialistas e nacionalistas. A reforma  da Lei do Solo, a revisión do Decreto do galego no ensino, o nomeamento dos "super-delgados", a nova estructura periférica… Todo ó servicio e pensando no 2011...

Por Mar Barcón | Galicia | 16/11/2009

Comparte esta noticia

Pero a todas estas decisións políticas faltáballes un discurso capaz de darles coherencia, de trazar un argumentario que permitira a Feijoo e ó seu Goberno manter o rumbo fixo no obxectivo e vestir de "teoría política" o que non é máis que táctica cortoplacista. Así xurdeu a "Galicia única" que hoxe figura como "divisa" do Goberno galego e que, non o dudedes, acabará sendo parte dunha campaña de promoción do Xacobeo, que xa se sabe que nos tempos que corren, "a letra, pola televisión entra..".

None

Feijoo sabe que unha parte importante do seu creto se xoga nas Municipais, especialmente nas cidades. Si os gobernos progresistas das "sete grandes" reciben de novo o respaldo da cidadanía, o plan do PPdeG de convertir o 1 de marzo do 2009 no inicio dunha "nova era" será unha tarefa máis ben complicada e a alternancia en Monte Pío  máis doada. Pero o Presidente da Xunta sabe tamén que os seus peóns nas principais urbes non as teñen todas consigo e ás primeiras semáns de euforia seguiron varios meses de escepticismo. Así que sólo era cuestión de tempo atopar unha estratexia digna de tal destiño… e aquí está, a Galicia única.

Sete meses despois da toma de posesión, perdemos un Presidente da Xunta  pero gañamos un candidato á Alcaldía das cidades galegas. Que o alcalde da Coruña reclama  unha nova titulación para a Universidade da súa cidade?, Feijoo acúsao de localismo. Que o alcalde de Vigo esixe atención ó seu tecido financiero?, para Feijoo eso é localismo. Si Orozco pide dilixencia có novo PXOUM ou Lores protesta polo nomeamento da Delegada de Vigo… o Presidente da Xunta só contesta.. "..localismos..".

Galicia necesita un Presidente, non un opositor ós alcaldes das cidades. Galicia necesita alguén que non se esconda, que non evite tomar decisións que lle corresponden, que non escape á súa responsabilidade. Galicia espera que a persoa que se senta ó fronte do Goberno da Xunta non lle traslade o peso ás Caixas, ós empresarios, ás familias, ó empresariado, ós sindicatos, ó Banco de España, ó europeo ou a Zapatero… Galicia espera… Unha Galicia diversa e rica, con cidades que queren medrar, progresar, que queren ter aeroportos, investimentos, portos, sanidade pública e peso político..

Cando Javier Losada ou Paco Rodríguez reclaman algo para as súas cidades, estan pedíndoo para Galicia; cando Caballero ou Irisarri reclaman infraestructuras, son para mellorar as comunicacións de Galicia enteira; cando a alcaldesa de Vilagarcía reclama atención e Bugallo reivindica a Santiago, están traballando por e para Galicia… Mentras tanto Feijoo, inmóvil, impertérrito, só espera que os demais non se den conta de que está parado, nun lugar indeterminado, donde non ter que decidir… tan solo xogar a ser oposición dos alcaldes e cubrir ós seus candidatos… Mentras, Galicia espera saber si ten Presidente…

Mar Barcón é deputada no Parlamento Galego. O seu blog: http://barconblog.blogspot.com/

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA