O miliciano galego que loitou contra o ISIS non será xulgado

'Arges Artiaga' estaba imputado polo homicidio de 28 xihadistas no norte de Siria. Denuncia que "os nacionalistas turcos" ameazan de morte aos que combaten ao lado dos kurdos.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 07/11/2016 | Actualizada ás 12:15

Comparte esta noticia

'Arges Artiaga' é o nome ficticio dun ex militar de élite galego que estivo combatendo no norte de Siria contra o Daesh nas Unidades de Defensa Popular (YPG). Con eles loitou como francotirador desde febreiro a xuño do pasado ano e desde outubro de 2015 ao pasado mes de abril.

Arges Artiga, é o nome ficticio do miliciano galego que loitou en Siria contra o Daehs a carón da YPG
Arges Artiga, é o nome ficticio do miliciano galego que loitou en Siria contra o Daehs a carón da YPG

Este galego de 43 anos decidiu marchar a axudar aos kurdos logo do asedio de Kobani. Estaba en paro logo de traballar nun porto e dada a súa experiencia militar nas forzas especiais españolas e na Lexión francesa, decidiu acudir en axuda do pobo kurdo.

Unha decisión que, sen embargo, estalle causando moitos problemas, sobre todo, logo de facer pública a súa axuda e revelar nunha entrevista o que fixo en Siria. Desde entón, chóvenlle as ameazas, mesmo de morte, por parte de nacionalistas turcos. De feito, o Goberno turco acusouno de ser o responsable da morte de 28 yihadistas. Unha denuncia que investigou a Audiencia Nacional, pero que acabou desestimando.

A "guerra sucia de Erdogan"

"Non me arrepentirei xamais de loitar contra o Daesh nas Unidades de Defensa Popular (YPG) porque foi unha experiencia humana que me transformou interiormente para ben, pero a miña vida xa non volveu a ser a mesma desde que regresei de alá por culpa da guerra sucia que libra o Goberno turco de Erdogan contra os voluntarios estranxeiros que apoiamos o experimento democrático e confederalista que apadriñan os kurdos de Rojava [norte de Siria]?, asegura "Arges Artiaga" nunha entrevista no xornal Público.

"Non hai un só día en que non se dirixan a nós en inglés ou turco para ameazarnos de morte a través das redes sociais. Falo de centenares de mensaxes", denuncia. De feito di que a Prensa turca mesmo chegou a publicar as fotos de moitos dos milicianos xunto aos seus nomes, apelidos e direccións, nunha clara invitación a que sexan agredidos ou, no mellor dos casos, hostigados.

Na súa entrevista, destaca o clima de confianza que se respira en Rojava, a zona do norte de siria controlada polos kurdos e no que conviven en paz crisitiáns, asirios, yazidíes, árabes e os propoios kurdos. Un proxecto de convivencia que rexeita Turquia, que considera ás UPY como un partido terrorista.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 marijuano califa oculto

E un héroe e non un terrorista! - pola contra marijuano Rajoy dixo que os atentados dos trens de mandriles eran eta eran Bascos e foi claro que eran yihismo terrorismo, o pp estivo a tapar o atentado terrorista yihista, mintiu a otan, os países europeos e incluso a ONU onde dixeron que era eta Basca, foi gran engano do gobernó popular, despois elementos da caverna mediatica, da xente pagada polo pepeiro latrocinador incidiron nesa teoría e seguiron mantendo todo tipo de disparates entolecidos, ningún deles foi xulgados por amparar terrorismo yihista, ningún deles foi condeado a pena máxima... os yihistas de arabia saudista andan mercando xornais e grupos xornalisticos arruinados en mandriles, AGORA SIGUEN GOBERNANDO O CALIFATO DE AL ANDALUS, lembrade que suprimiron a paga de nadal foi o primer intento de islamización forzada o primer intento de musulmanato no estado expañol