Temas: PEMEX NAVAL

Pemex cancela varias das promesas anunciadas por Feijóo

Nin haberá base loxística en Punta Langosteira nin Barreras construirá un segundo flotel en Vigo, como anunciara o Goberno Galego.

Por E.P. | VIGO | 24/11/2016 | Actualizada ás 11:12

Comparte esta noticia

A petroleira mexicana Pemex, propietaria do 51 por cento das accións de Barreras, manterá a súa presenza no estaleiro, aínda que confirmou que, dados os problemas do mercado de hidrocarburos e os prexuízos que iso implica na súa conta de resultados, non encargará o segundo flotel anunciado fai pouco máis dun ano.

O responsable do Goberno galego e o director xeral de Pemex, Juan José Suárez Coppel, asinaron en 2012 un acordo de colaboración entre Petróleos Mexicanos e a Xunta de Galicia
O responsable do Goberno galego e o director xeral de Pemex, Juan José Suárez Coppel, asinaron en 2012 un acordo de colaboración entre Petróleos Mexicanos e a Xunta de Galicia

O director xeral da compañía, José Antonio González Anaya, visitou este mércores as instalacións do estaleiro vigués e confirmou que non se realizará o encargo do segundo flotel, debido os problemas no sector, derivados da baixada do prezo do petróleo.

O primeiro e único encargo executado da multinacional mexicana en Barreras, o flotel 'Reforma Pemex', foi xa entregado e, tras varias semanas de probas e período de formación, zarpará a próxima fin de semana cara a Campeche (México), onde terá a súa base de operacións.

Tamén polas consecuencias derivadas da crise de prezo do petróleo, González Anaya admitiu que Pemex abandona tamén o seu proxecto de construír unha terminal de graneles líquidos na provincia da Coruña (en 2012 anunciárase este proxecto para Punta Langosteira).

SEGUIR EN BARRERAS

González Anaya, non obstante, asegurou que a petroleira mexicana prevé manterse como principal accionista no consello de administración de Hijos de J. Barreras. Tamén confirmou o que a propia dirección do estaleiro avanzou en varias ocasións: que Barreras está a negociar varios contratos, aínda que ningún deles é un encargo de Pemex.

Así, o acordo máis próximo a pecharse é o da construción dun minicrucero de luxo. Neste caso, o contrato está pendente de cuestións financeiras, posto que xa hai acordo co armador.

O segundo flotel e a terminal do porto exterior coruñés non foron os únicos proxectos anunciados e que quedaron no aire. Así, pouco despois de aterrar no consello de administración de Barreras, Pemex anunciaba a construción dun atunero e varios barcos offshore, os contratos dos cales non se materializaron.

Temas: PEMEX NAVAL
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Pucha tapacalvas

Incumprir promesas di Fakejoo. Tiña razón cando dicia que era máis de Podemos que os de Podemos. A incumprir!