Morre Fidel Castro, unha das figuras claves e máis polémicas da historia recente

Descendente de galegos, a icona revolucionaria liderou unha Cuba comunista que hoxe vive pendente da chegada de Donald Trump á Casa Blanca.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 26/11/2016 | Actualizada ás 09:42

Comparte esta noticia

"O comandante en xefe da revolución cubana morreu as 22:29 horas esta noitiña," o presidente Raúl Castro anunciou esta madrugada na televisión cubana.

Fidel e Raúl Castro
Fidel e Raúl Castro

Fidel Castro gobernou Cuba como un estado de partido único durante case 50 anos antes de que Raúl o sucedera no control sobre en 2008.

O falecido é unha das figuras claves do século XX, e tamén unha personaxe que provoca moitas divisións. Os seus seguidores salientan o indudábel avance do nivel de vida en Cuba, especialmente en eidos como a saúde e a educación, con niveis mellores que o resto dos países bañados polo Caribe, salvo EE.UU.. Os seus detractores poden esgrimir, e con razón, a persecución de toda oposición política.

O Presidente Castro dixo, nunha inesperada aparición na televisión estatal, que Fidel Castro morrera e sería incinerado nun crematorio na tarde do sábado. Haberá varios días de nacional loito na illa. Raúl Castro acabou o anuncio berrando o slogan revolucionario "Cara a vitoria, sempre!".

Excepto a columna que escribía na prensa do Partido Comunista ocasionalmente, Fidel Castro  estaba prácticamenter etirado da vida política dende algún tempo. En abril, aínda así,m deu un discurso inhabitual no día final do congreso de Partido Comunista do país.

Fidel Castro durante a revolución
Fidel Castro durante a revolución

Daquela recoñeceu a súa idade avanzada. Argumentou que os conceptos comunistas desenvolvidos polos cubanos eran aínda válidos e que o pobo cubano vencería. 

"Pronto terei 90," engadiu antes de admitir que era "algo que nunca imaxinei". Castro sobreviu varios intentos de asasinato ordenados pola CIA.

As relacións cos Estados Unidos son precisamente a gran incógnita que pende sobre Cuba. A fin do goberno de Barack Obama pode deter o desxeo, que cristalizou na reapertura da embaixada dos EE.UU. na Habana e na apertura de voos regulares entre os dous Estados. 

Co bloqueo aínda vixente, está por ver que fai o novo presidente da superpotencia. O nacionalista Donald Trump é un político hipercrítico coa emigración, pero tamén partidario de que as empresas norteamericanas poidan atopar novos espazos de negocio como os que ofrece a illa.

Fidel Castro, xa retirado, canda Ignacio Ramonet
Fidel Castro, xa retirado, canda Ignacio Ramonet
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 14 comentarios

4 Comunista

Até a vitoria sempre!

3 Gamela

Morre a única Revolución que puxo pé no Imperio !!!

2 luces e sombras

Fidel e controvertido... claro que a xente que era de terceira en cuba que non tiña nin onde ir nin eles nin os fillos nin médicos, nin cultura nin educación o ven coma un héroe... tivo bastante importancia internacional... e podemos comparar a historia de puerto rico con cuba... cuba e un estado independente, e puerto rico una colonia, cuba o 9 % da poboación marchou, puerto rico 46 % da poboación emigrou... tamen podemos comparar a cuba con haiti que esta o lado... Fidel castro era coñecido en todo o mundo outros que traizoaron a sua patria non son coñecidos nin no seu pobo... pregunten en reborainas polo -vieiras que quen o coñece polo que fixo... un gran significación histórica outro gran significación histérica... non o comunismo expañol! non a dominación comunista de expañol-

1 John McNamara

Polémicos sodes vós....Fidel é dignidade, Fidel é liberdade, é xustiza social, é formación....os polémicos sodes vós.