O réxime castrista (certamente unha ditadura) non pode ser comparado, nin na súa xénese nin na sùa evolución, cos réximes represivos de Pinochet, Videla ou Franco, que xurden de cadanseus golpes militares contra a legalidade constitucional. Nin tampouco coa revolución bolxevique de Lenin , que constituiu un golpe violento dunha minoría contra o goberno constitucional ruso. Calquera destes réximes baseouse nunha represión sanguiñenta, no que os mortos se contan por ducias de millares (mesmo por millóns no caso soviético), xa que o que se pretende é a aniquilación dos cadros políticos do adversario. Ninguén pode negar que no castrismo non houbera represión nin presos políticos, mais os níveis represivos non admiten comparanza ningunha.