Faleceu Efigenio Amejeiras, un descendente de galegos heroe da revolución cubana

Recoñecido co título honorífico de Heroe da República de Cuba, Ameijeiras foi un loitador contra a ditadura de Fulgencio Batista, igual que boa parte dos seus irmáns.

Por Galicia Confidencial | La Havana | 12/02/2020 | Actualizada ás 10:47

Comparte esta noticia

O xeneral de División do Exército cubano Efigenio Ameijeiras, de 88 anos de idade e un dos históricos loitadores revolucionarios de Cuba, faleceu a noite deste domingo por mor dun shock séptico, informou o diario Granma. Ameijeira era descedenten dun galego de Campo Lameira.

Efigenio Ameijeiras, xeneral cubano heroe da revolución cubana e fillo dun emigrante galego
Efigenio Ameijeiras, xeneral cubano heroe da revolución cubana e fillo dun emigrante galego | Fonte: Gramma

Recoñecido co título honorífico de Heroe da República de Cuba, Ameijeiras combateu contra a ditadura de Fulgencio Batista desde idades temperás. Ademais, participou na expedición do iate Granma, liderada polo tamén falecido líder Fidel Castro, e formou parte do Exército Rebelde desde os inicios desa guerrilla. De feito, polas súas accións revolucionarias foi perseguido polas forzas de Batista e tivo que escapar a México, onde logo incorporouse ao grupo de expedicionarios do Granma.

Foi un dos homes que sobreviviu os ataques da aviación logo do desembarco, e dos que formou parte do “núcleo inicial” do Exército Rebelde. Participou en varias accións de combate como o ataque ao cuartel da Prata, como parte da escuadra dirixida polo entón capitán Raúl Castro. En 1958, Ameijeiras estivo entre os fundadores da Segunda Fronte Oriental “Frank País”, no que ocupou o cargo de segundo xefe, baixo as ordes do propio Raúl. Ademais, comandou a Columna Número 6, que levaba o nome do seu irmán “Juan Manuel Ameijeiras”, asasinado en 1953 tras o ataque revolucionario ao cuartel Moncada, en Santiago de Cuba.

Nese propio ano é ascendido ao grao de Comandante e unha vez triunfada a Revolución en xaneiro de 1959, foi designado xefe da Policía Nacional Revolucionaria.

Efigenio Ameijeiras era fillo de Manuel Ameijeiras Fontenla, un emigrante galego de Campo Lameiro, que marchou a Cuba a comezos do século XX.  Ademais tamén era irmán de Juan Manuel, Gustavo e Ángel. Os Irmáns Ameijeiras foron e son un símbolo da loita do pobo cubano. Un dos mellores hospitais de Cuba situado na Habana lémbraos co seu nome. Tamén na súa vila natal Las Tunas existe un Museo-Memorial, que lembra os feitos desta familia de descendentes de galegos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta