Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 26/11/2016 | Actualizada ás 09:42
"O comandante en xefe da revolución cubana morreu as 22:29 horas esta noitiña," o presidente Raúl Castro anunciou esta madrugada na televisión cubana.
Fidel Castro gobernou Cuba como un estado de partido único durante case 50 anos antes de que Raúl o sucedera no control sobre en 2008.
O falecido é unha das figuras claves do século XX, e tamén unha personaxe que provoca moitas divisións. Os seus seguidores salientan o indudábel avance do nivel de vida en Cuba, especialmente en eidos como a saúde e a educación, con niveis mellores que o resto dos países bañados polo Caribe, salvo EE.UU.. Os seus detractores poden esgrimir, e con razón, a persecución de toda oposición política.
O Presidente Castro dixo, nunha inesperada aparición na televisión estatal, que Fidel Castro morrera e sería incinerado nun crematorio na tarde do sábado. Haberá varios días de nacional loito na illa. Raúl Castro acabou o anuncio berrando o slogan revolucionario "Cara a vitoria, sempre!".
Excepto a columna que escribía na prensa do Partido Comunista ocasionalmente, Fidel Castro estaba prácticamenter etirado da vida política dende algún tempo. En abril, aínda así,m deu un discurso inhabitual no día final do congreso de Partido Comunista do país.
Daquela recoñeceu a súa idade avanzada. Argumentou que os conceptos comunistas desenvolvidos polos cubanos eran aínda válidos e que o pobo cubano vencería.
"Pronto terei 90," engadiu antes de admitir que era "algo que nunca imaxinei". Castro sobreviu varios intentos de asasinato ordenados pola CIA.
As relacións cos Estados Unidos son precisamente a gran incógnita que pende sobre Cuba. A fin do goberno de Barack Obama pode deter o desxeo, que cristalizou na reapertura da embaixada dos EE.UU. na Habana e na apertura de voos regulares entre os dous Estados.
Co bloqueo aínda vixente, está por ver que fai o novo presidente da superpotencia. O nacionalista Donald Trump é un político hipercrítico coa emigración, pero tamén partidario de que as empresas norteamericanas poidan atopar novos espazos de negocio como os que ofrece a illa.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.