Por X.M. Fernández | Monforte | 07/12/2016 | Actualizada ás 13:36
Como continuación ás actividades que se teñen realizado ao longo deste ano arredor do homenaxeado no Día das Letras Galegas, Manuel María, o Concello de Monforte colocou dúas placas conmemorativas da súa estadía nesta cidade, unha delas na casa onde viviu na Rúa Roberto Baamonde 1 e outra nas Galerías Fontecha onde tivo a Librería Xistral.
Ao acto de homenaxe acudiron ese sábado o alcalde José Tomé Roca, a viúva de Manuel María, Saleta Goi, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e as representantes das forzas políticas con representación no concello. Tamén acudiron representantes da Casa-Museo Manuel María. O grupo de gaiteiros do Concello de Monforte de Lemos interpretou entre outras pezas, dúas de Manuel María:"Muiñeira de Amandi" e "O carro".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.