Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/12/2016 | Actualizada ás 20:26
Compromiso por Galicia celebrou o seu cuarto aniversario cunha cea de fraternidade en Lugo na que participaron o secretario xeral, Xoán Bascuas; o de organización, Manoel Vello; e o de comunicación, Orlando Villamayor, entre outros.
O encontro serviu para conmemorar unha data tan especial para o partido galeguista, e tamén para falar sobre o II Congreso Nacional, que terá lugar o próximo 21 de xaneiro.
Os dirixentes de Compromiso por Galicia tamén promoveron un acto que simboliza o traballo que se está a facer dende a organización: a plantación dunha árbore, un teixo.
"Estes catro anos de traballo son un patrimonio importante, unha semente que ten que xerminar. Estamos convencidos de que Galicia necesita unha opción como Compromiso e confiamos en que o segundo congreso sexa o inicio dunha etapa fértil para o galeguismo", apunta.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.