A Xunta di que os bancos están na “obriga moral e legal” de pagar as cláusulas solo

O Goberno galego anuncia que realizará charlas informativas nas cidades e porá a disposición dos afectados o asesoramento do Instituto Galego de Consumo.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 22/12/2016 | Actualizada ás 14:45

Comparte esta noticia

A Xunta saíu en defensa dos afectados polas cláusulas solo aos que o Tribunal de Xustiza da Unión Europea acaba de recoñecer que teñen que recibir o cobrado de xeito irregular polas entidades bancarias desde o inicio deste tipo de produtos bancarios. “os bancos están na obriga legal e moral de subsanar isto”, suliñou este xoves o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

Afectados pola cláusula chan protestan en Vigo
Afectados pola cláusula chan protestan en Vigo | Fonte: Europa Press.

Na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, Feijóo foi moi crítico con este tipo de práctica. Unhas críticas que chegan logo da sentenza do tribunal da UE. Por iso, suliñou que as sentenzas xudiciais están para “ser cumpridas” e agarda que os bancos a executen “de oficio”.

En todo caso, advertiu que se non o fan de motu propio, a Xunta porá en marcha distintas iniciativas para axudar aos galegos afectados. Entre as medidas que anunciou están a realización de xornadas explicativas nas grandes cidades galegas, así como poñer a disposición dos afectados os servizos do Instituto Galego de Consumo para que poidan ser asesorados, ben presencialmente ou a través da web.

Segundo estimacións de reclamador.es, compañía online que se di líder en reclamacións en España, o número de españois afectados cífrase ao redor dos tres millóns e medio, dos cales, 205.000 son galegos.  Segundo os cálculos desta web, de media, en base ás reclamacións dos seus clientes, os afectados poderán recuperar uns 8.000 euros de indemnización e ademais verán reducida a súa débeda co banco.

Este xoves tamén a asociación de consumidores Acouga estimaba en máis de 77.000 os clientes de Abanca con claúsulas solo ao longo de todo o Estado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Ted Flanders

Sres banqueiros! non perdan nin o tempo nin o diñeiro....son galegos.....non farán nada de nada...como sempre! así que investir os cartos destes paifocos en Ciudad Real. Almagro, Albacete, Zaragoza.....sitios con xeito vamos!!

1 inxustiza xeneralizada

un-ha cousa quedou demostrada, mellor dito quedaron demostradas duas cousas, o -ladrons que son os bancos e outra o miserabel que é a xustiza expañolenta, agora a xente ten que sair fora a que lle fagan xustiza pos aquí os COLEGUITAS DO PODREIRO XUIZ VILLANIAS non dan fan un-ha ben... están todos tortos acaso pois de dereitos nada, pero de dereitas son muitos o todos, dicen servir a constiprostitucion do 6 de decembro, pero atacan a xente do pobo están a vivir de xeonllos ante os grandes poderes, son piores acaso cos diaños que sirven o lucifan... xa vimos o que é a xustiza expañolenta un-ha e outra vez... son o pior, xa vemos incluso no asesinato de jimy, xa vemos no que pasou cos monicrequeiros.... xa o vemos un-ha e outra vez... en expaña non hai xustiza en expaña soamente hai leises