Estudantes de Xornalismo promoven unha campaña para concienciar sobre a doazón de medula ósea

‘Regala Tempo, doa medula’ é un proxecto que busca implicar os universitarios galegos das tres universidades.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 27/12/2016 | Actualizada ás 10:35

Comparte esta noticia

Un grupo de estudantes de Xornalismo na USC son, actualmente, os principais impulsores da doazón de medula ósea en Galicia grazas a unha innovadora campaña. O proxecto ‘Regala Tempo, doa medula’ xorde dun traballo de clase da materia de Estratexias e Plans de Comunicación do cuarto curso, “aínda que ao final foi máis aló dunha simple práctica para a facultade”, aseguran os seus promotores.

Romina Alonso Fernández, Juan Davila Fernández presentan o proxecto de doazón de medula ósea 'Regal Tempo'
Romina Alonso Fernández, Juan Davila Fernández presentan o proxecto de doazón de medula ósea 'Regal Tempo'

A finais de setembro os estudantes Romina Alonso Fernández, Juan Davila Fernández, Sara Fernández Meijide e Iván García Calaza comezaron a planificar a campaña co obxectivo de darlle visibilidade no mes de decembro. E así, dende o pasado día 5 teñen presenza en Facebook e en Youtube. “Queremos seguir medrando e poder chegar ao máximo número de estudantes posibles nas sete cidades universitarias galegas. Porque con moi pouco, podemos facer moito”,  aseguran en declaracións ao xornal da USC.

O proceso de doar medula comeza cunha extracción inicial de mostra de sangue ou saliva que supón xa a inscrición no banco mundial de doazóns ata que apareza un posible receptor. No caso de atopar a alguén compatible extraeríase un determinado tipo de células para transplantarllas ao paciente enfermo nun proceso que apenas require hospitalización e non produce ningún efecto secundario.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta