Rafael Louzán pide a baixa temporal como militante do PP

O ex dirixente popular seguirá como presidente da Federación Galega de Fútbol porque di estar convencido da "legalidade" das súas actuacións.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 29/12/2016 | Actualizada ás 19:21

Comparte esta noticia

O expresidente da Deputación e do PP de Pontevedra, Rafael Louzán, actual presidente da Federación Galega de Fútbol, pediu este xoves a súa suspensión temporal da militancia nas filas populares ata que non se resolva a súa situación xudicial.

Rafael Louzán comparece ante os medios
Rafael Louzán comparece ante os medios | Fonte: Europa Press.

Este paso, do que informou nun comunicado o PP de Pontevedra, que agora dirixe Alfonso Rueda, chega despois de que o Xulgado de Instrución Número 2 de Cambados acordase a apertura de xuízo oral contra Louzán, a súa esposa e o concelleiro de Pazos de Borbén Severino Reguera por un delito de suborno.

Este mesmo xoves, en rolda de prensa, Louzán defendeu a súa inocencia ante a decisión de abrir xuízo oral contra el por un suposto delito de suborno e asegurou sentirse vítima dunha "persecución sen base" e dun intento de "axustizalo" por un caso que "non se sostén".

O presidente da Federación Galega de Fútbol non quixo entrar na posibilidade de abandonar este cargo argumentando que está convencida de haberá un "fallo absolutorio" dada a "legalidade de todas as actuacións". "Se hai verdadeira Xustiza, non pode ser doutro xeito", apostilou.

Non obstante, o que foi líder do PP de Pontevedra durante 16 anos si optou por pedir a baixa temporal do seu partido, que, no mesmo comunicado no que anuncia a decisión, agradece "a súa disposición" e reiterou o seu "respecto absoluto" pola presunción de inocencia.

Horas antes, dende a tribuna do Consello da Xunta, o presidente galego e líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, afirmara que Louzán debía "tomar unha decisión" e instáralle a "confirmala" nas seguintes horas (como finalmente sucedeu) ou ben comunicar a súa situación procesual ao PP para poder obrar en consecuencia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Fútbol corrupcion

Que investiguen o seu vicepresidente da federación pola construcción do campo de futbol de fragoselo en vigo e demais corruptelas que se teñenen

1 Gamela

O presidente da Federación Galega de Fútbol é un cargo "independente" do Goberno galego ? Descoñezo os procedementos administrativos das mafias deportivas do pais ???