Villares logra que as mareas pacten unha dirección común

O voceiro parlamentar encabezará, con toda probabilidade, unha candidatura para liderar En Marea na que estarán integradas os diferentes partidos (ANOVA, Podemos, Espazo-Equo, Cerna, etc.) e agrupacións municipais que colaboran na confluencia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/01/2017 | Actualizada ás 19:57

Comparte esta noticia

O voceiro parlamentario de En Marea, Luís Villares, mostrouse "moi satisfeito" polo acordo, ao seu xuízo "inmellorable", alcanzado pola coordinadora para impulsar unha candidatura única para o Consello das Mareas.

Luís Villares nunha rolda de prensa de En Marea
Luís Villares nunha rolda de prensa de En Marea | Fonte: EP

O acordo foi alcanzado este mércores de cara ás próximas eleccións ao Consello das Mareas e foi "unánime", segundo resaltou Villares, en declaracións a Europa Press este xoves.

Así as cousas, o voceiro de En Marea na Cámara galega destacou que o seu "compromiso" dende "o primeiro momento" foi apostar por esta "candidatura de consenso" que aune a todas as sensibilidades. "Que mellor marco que a dirección para tratar de chegar a toda a militancia", agregou.

A partir de agora, Villares marcouse o obxectivo de "escoitar a todo o mundo" que teña achegas para facer, tanto no ámbito programático coma no das persoas, para configurar esa lista "de confluencia" nun proxecto "cooperativo e non competitivo". Ao seu xuízo, existe "vontade de todo o espazo" por chegar a ese acordo.

CARTA AOS INSCRITOS

Neste escenario, a coordinadora dirixiu unha carta aos inscritos de En Marea recordando que o próximo día 10 se abre o prazo de presentación de candidaturas ao Consello das Mareas.

Recorda que esta será "a primeira dirección electa de En Marea e que responderá aos compromisos que se asumiron na asemblea de Vigo".

Ademais, a coordinadora pediu aos inscritos, tras a reunión deste mércores, que contribúan a construír esta candidatura e apuntou que segue activa a plataforma para inscribirse -a inscrición é un requisito imprescindible para participar-.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 14 comentarios

5 FRPU

Haivos moita esquizofrenia no de ser troll bloqueiro. Se En Marea fai unhas primarias con multitude de listas, o troll bloqueiro ornea: “Están fragmentadísimos!”, “Andan a paus!”, “Isto é un caos!”. Se En Marea fai unhas primarias cunha lista consensuada o troll bloqueiro ornea: “Pacto de cúpulas!”, “Teñen todo pactado!”, “Está todo o bacallau cortado!”. Afortundadamente o que opinen os trolls do BnG non lle importa absolutamente a ninguén. Sigan orneando.

1 Carroza VIP para Bescansa

E cando houbo multitude de listas se sempre foi pacto de cupulas ou listas plancha.

4 Josito Podemos

Grande maniobra de Palleiro de Chantada, gracias a este señor conseguimos manter unida a Marea, e darlles unha bofetada os españolistas de podemos, pouco a pouco a estratéxia de Palleiro vai funcionando. Primeiro aproveitarse dos votos de podemos, para despois conseguir construir un partido galego como a Marea, e mandar a facer puñetas os podemitas. Grande Palleiro....

1 Manolo Pozo

E de paso se asegura un salario para el como leva facendo toda a vida. Non deixará tirado a Marito López Rico?

3 Galego

Veña comunista independentista dinos que se sinte o ser comunista é defender a un partido que non é de dereitas nin de esquerdas e ser independentista e defender a un partido españolista, dinos a verdade eres un PPero camuflado para darlle vida os comentarios.

2 4000 euros máis chofer

Que bai lograr Billares. Cociñarían as cúpulas entre elas se no único que está de acordo todo o mundo e en que o pobre Billares foi un pesimo candidato. Agora a cociñar lista plancha para enchufar a todos e todos contentos ata que empecen as excisions.

1 Gamela

Dos 35 membros do Consello resulta que o 20% poden ser CARGOS INSTITUCIONAIS (agás os alcaldes que seica non teñen categoría suficiente!) Así o novo Consello das Mareas terá un Polit Bureau con SETE CABEZAS que poderán acumular tódolos cargos que queiran: Deputados no Congreso de Madrid, Deputadas no Parlamento de Galicia, e Coordinadores de ANOVA + EU + PODEMOS ! Así que NON CAMBIA NADA o vello modelo de AGE (coalición de partidos) quedará lexitimado por unha votación que non poderá ser outra máis ca lista única de CONSENSO! Pero todo isto non tería maior importancia se os 14 Deputados da Cámara galega fixeran o seu traballo e foran quen de lograr melloras para a Cidadanía ! Pero para iso cómpre ir máis alá da simple Política de Redes http://gamela00.blogspot.com.es/201...