Louzán seguirá como asesor do PP cobrando uns 43.900 euros

Pide "prudencia" e "responsabilidade" para non se precipitar en valoracións antes de que o expresidente provincial sexa xulgado.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 10/01/2017 | Actualizada ás 16:31

Comparte esta noticia

O expresidente da Deputación de Pontevedra e do Partido Popular de Pontevedra, Rafael Louzán, seguirá como asesor do PP na administración provincial, segundo confirmou a formación popular, un posto de confianza polo que cobra 43.935 euros anuais.

Feijóo canda Louzán na primeira fila do mitin do PP en Pontevedra
Feijóo canda Louzán na primeira fila do mitin do PP en Pontevedra

Os voceiros provinciais do PP, Ángel Moldes e Nidia Arévalo, confirmaron este martes que Louzán seguirá como asesor a pesar de que deixou a militancia do partido tras transcender a apertura de xuízo oral por un suposto delito continuado de suborno impropio pola causa dos supostos sobrecostes duns baixos de Navia, en Vigo.

Ángel Moldes pediu "prudencia" e "responsabilidade" para non se precipitar en valoracións antes de que Louzán sexa xulgado na Audiencia Provincial de Pontevedra e se dite sentenza. "O que debemos ser todo o mundo é prudentes, deixar traballar á Xustiza e, chegado o momento, cada un asumirá as súas responsabilidades", sinalou.

Ademais, recordou que o actual equipo de goberno da Deputación de Pontevedra, conformado polo Partido Socialista e o BNG, "é o que máis imputados ten dos últimos anos" e, a pesar diso, por parte do PP inciden no tema "por respecto ás persoas e os partidos".

Moldes insistiu en que Louzán pediu a baixa temporal e voluntaria do partido "para a súa mellor defensa e para non prexudicar" á formación que presidiu durante anos e agora haberá que esperar con prudencia" a que pase o tempo e se resolva a causa.

APERTURA DE XUÍZO ORAL

O Xulgado de Instrución número 2 de Cambados decretou a apertura de xuízo oral contra Louzán; contra a súa esposa, Teresa C.F., por suborno impropio; e contra o exdeputado do PP na Deputación por Pazos de Borbén Severino Reguera Varela, no seu caso por un delito continuado de suborno pasivo.

A Fiscalía pide unha pena dun ano de prisión e tamén a suspensión de emprego e cargo público durante dous anos e tres meses.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

5 comunista independentista

"Recordou que o actual equipo de goberno da Deputación de Pontevedra, conformado polo Partido Socialista e o BNG, é o que máis imputados ten dos últimos anos", daí o pacto de non agresión PP-PSOE-Bloque. Están os tres caladiños metidos no xurro, son o mesmo lixo corrupto que apesta Galiza.

4 Iso non é nada

O asesores da Marea cobran máis seguro. Canto cobraba o asesor pedófilo de AGE?

1 FRPU

Pero que falas tí de asesores pedófilos se na dirección das mocidades do BnG e na de CxG até tivéchedes violadores confesos? http://feminismo.eu/conasceives/pim... Anda, cala a boca troll.

3 Gamela

e cando haxa sentenza tamén seguirá cobrando como asesor do PP e mesmo recibirá unha indemnización polos servizos prestados !!!

2 Comisións Peperas

Os cachorros de CC.OO estaramosche sempre agradecidos e dispostos a defenderte.

1 chupón

Mentras tanto ímoslle pasar 50.000,00 eurazos/ano, que por algo foi o gran conseguidor, e de ben nacido .....