Cal será o papel de Anova dentro de En Marea?

A formación fundada por Xosé Manoel Beiras debaterá o seu papel dentro de En Marea nunha asemblea que terá lugar a "finais de xaneiro ou febreiro".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/01/2017 | Actualizada ás 15:34

Comparte esta noticia

Anova tamén analizará o seu papel dentro de En Marea nunha Asemblea Nacional que terá lugar a "finais de xaneiro ou febreiro". Neste cónclave tamén se renovarán os seus documentos políticos, así como ás persoas que ocupan os cargos organizativos na coordinadora e a permanente.

Alexandra Fernández e Antón Sánchez, de Anova, nunha rolda de prensa
Alexandra Fernández e Antón Sánchez, de Anova, nunha rolda de prensa | Fonte: EP

Así o sinalou o coordinador da organización nacionalista, Antón Sánchez, ao ser preguntado ao respecto durante unha rolda de prensa na que compareceu acompañado por a tamén militante de Anova, Alexandra Fernández, co obxectivo de presentar propostas en materia do Imposto de Bens e Inmobles (IBI) que En Marea levará ao Parlamento e ao Congreso.

Neste escenario, Antón Sánchez recordou que o pasado mes de decembro Anova xa celebrou a súa Conferencia Política na que fixo unha "reflexión xeral" sobre as cuestións que teñen que mellorar e tamén sobre a relación co espazo político de En Marea.

"Agora o que vai haber é un proceso nas asembleas locais e territoriais, concretando máis esa reflexión xeral", explicou para indicar que iso dará lugar á Asemblea Nacional que, "como moi tarde", se debe celebrar entre "finais de xaneiro e febreiro".

Pola súa parte, a deputada de En Marea no Congreso e militante da formación nacionalista asegurou que toca "debater o papel que ten Anova dentro de En Marea. "Creo que é evidente que Anova é unha peza fundamental dentro de En Marea polo capital político e humano que achega", sinalou para deixar claro que "sempre" apostaron pola confluencia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

5 Palleiro

Dentro da Marea limítase a rañar votos que normalmente serían do Bloque, fora da Marea o futuro sería a desaparición e os aproveitados de sempre buscarían acomodo en Podemos, CxG ou incluso no Bloque como levan facendo toda a vida.

4 Ted Flanders

Anueva xa ten sitio en Puedemos : "palmero" ou como se dí por Madrí: Anueva será a Gracita Morales (Señoriiiiiiito!!) de D. Pablo, D. Iñigo e o Sr. Eche (eche o que hai amiguiños!) Lastima de Bois!!!!

3 Alberte

Os deputados rexionais de ANOVA está agardando a que os deputados NACIONAIS da Marea lles transmitan as ordes de El Señoriitooo!!! desde Vista Alegre II

1 LKI

Non sei se tedes reparado en que falsificar a imaxe corporativa dunha organización para sabotar a súa comunicación gráfica está tipificado como delicto. No BeNeGá-Sección Troleada andades a xogar con lume, e nunha destas váisevos caír o pelo. Avisados estades, despois non choredes.

2 Pazo con criados

De criadas dos españois,

1 comunista independentista

Díxolle a pota á tarteira. De criados dos españois estades os pufeiros do Bloque, que debedes unha chea de millóns ao seus bancos. Ridículos.

2 Eu mesmo

Xa falou o new Goebbles. En Marea nova versión do bloque, con partido comunista inserido arteiramente, mais de obediencia española. Cando menos o bloque segue dende Riazor. veremos o que dura o experimento da gaseosa...

3 Pufo é o que non se paga

Choví Chová se che di mil veces que xa está case pago pola militancia e sen axuda dos transfugas que marcharon coas actas -a diferenza do que deben os teus amigos de IU que o condonan- e ti segues cada dia te quiero má.

4 LKI

Obediencia española... http://www.diarioliberdade.org/gali...,-do-bng,-quer-a-brilat-desfilando-em-ponte-vedra-no-50-anivers%C3%A1rio.html

1 Cal vai ser

Coller postiños

1 CEIVE

E Obedecer e non estorbar.A algúns non nos colledes noutra.