Por Galicia Confidencial | Carnota | 12/01/2017 | Actualizada ás 10:56
O programa Trekker Monte Pindo, no cal Google e Monte Pindo Parque Natural colaboran para cargar en Google Maps e Google Earth as distintas rutas do Monte Pindo e do seu entorno, bota a andar esta fin de semana cunha reunión á que están convocadas todas as persoas voluntarias que desexen colaborar co programa.
Froito desta reunión a Asociación Monte Pindo espera obter unha proposta de calendario das que serán as tarefas de mapeo físico das rutas, que se prevé que terán lugar ao longo do mes de abril. Esa proposta será remitida a Google para a súa aprobación.
Logo terá lugar a sinatura dun acordo de colaboración no cal se concretarán todos os aspectos legais da iniciativa. Deste xeito, a entidade espera habilitar este mesmo ano o acceso na rede a millóns de persoas que poderán percorrer desde calquera punto do mundo as rutas que percorren o Monte Pindo, o municipio de Carnota e o seu entorno. Isto farase percorrendo as distintas rutas con voluntarios portando a cámara Google Street View, mapeando asi cada detalle das mesmas, do paisaxe.
Segundo informa Monte Pindo Parque Natural, a día de hoxe xa hai inscritos no programa Trekker Monte Pindo unha ducia de persoas voluntarias.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.