Temas: GüRTEL

13 anos de prisión para o ex-número 3 do PPdeG

Pablo Crespo é un dos condenados a cárcere na primeira sentencia dos numerosos preitos ao fío da Operación Gürtel.

Por Galicia Confidencial | Valencia | 10/02/2017 | Actualizada ás 10:10

Comparte esta noticia

Os líderes da trama Gürtel --Francisco Correa, Álvaro Pérez e Pablo Crespo-- acaban de recibir a súa primeira condena xudicial.  Os que foran os fontaneiros das campañas electorais do PP son condenados a penas que oscilan entre os 12 e os 13 anos de prisión na peza 3 do caso relativa a irregularidades en contratacións da feira Fitur entre os anos 2005 e 2009. 

O empresario Francisco Correa, o ex-tesoureiro do PP Luis Bárcenas e o ex-secretario de Organización do PP de Galicia Pablo Crespo
O empresario Francisco Correa, o ex-tesoureiro do PP Luis Bárcenas e o ex-secretario de Organización do PP de Galicia Pablo Crespo | Fonte: Europa Press.

Así, Francisco Correa e Pablo Crespo foron condenados polo Tribunal Superior de Xustiza da Comunitat Valenciana (TSJCV) a máis de 13 anos, mentres que Álvaro Pérez 'El Bigotes', a máis de 12. 

Pola súa banda, Milagrosa Martínez, exconselleira 'popular' de Turismo e expresidenta das Corts Valencianes, foi condenada a 9 anos de prisión polos delitos de prevaricación, malversación e suborno pasivo.

Crespo foi secretario de organización do Partido Popular de Galicia durante varios anos. Cando se mudou a Madrid comezou a traballar na organización das campañas electorais do PP por todo o Estado, incluída Galicia.

Crespo, ex-secretario de organización do PPdeG, entra a declarar no Supremo
Crespo, ex-secretario de organización do PPdeG, entra a declarar no Supremo
Temas: GüRTEL
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

1 Pperros corrutos

Pablo Crespo, o amigo dos Cuiña, colocado por Xosé Cuiña como number 3 do PP galego....Rafa, ti non sabes nada, a que non?

1 Carlos Medelo

Vendo a Cuiña éxito tras éxito (agoraco bosque de Lalín), ten que estar preocupadísimo de Fitur-Valencia. Hahahah!!

2 De Lalín

Éxito tras éxito? Será como paiaso maior do Deza, entre paseíllos polo xulgado e desercións de concelleiros do seu grupo., A-HA, A-HA, A-HA