O ecosistema biotecnolóxico galego xestiona 160 patentes

Hai patentes vinculadas á oncoloxía, as vacinas, a neuroloxía, o sector químico, o farmacéutico, a nanotecnoloxía ou mesmo ao sector primario.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/02/2017 | Actualizada ás 14:45

Comparte esta noticia

As empresas biotecnolóxicas socias do Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida de Galicia (Bioga), que preside Carme Pampín, e os demais axentes de investigación biotech de Galicia teñen solicitadas e xestionan arredor de 160 patentes. Estas compañías biotecnolóxicas con sede en Galicia e os equipos de investigadores traballan en proxectos que a curto ou medio prazo tamén desembocarán no rexistro de novas patentes.

Unha empresa realiza probas en biotecnoloxía
Unha empresa realiza probas en biotecnoloxía | Fonte: www.emaze.com

A Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS), dependente do Sergas, traballa con 30 patentes; o Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA), ten rexistradas unha decena de patentes; a Fundación Biomédica Galicia Sur conta con sete patentes; a Fundación Profesor Novoa Santos ten unha carteira de sete patentes; o Instituto de Investigación Sanitaria rexistrou cinco; e a Universidade de Santiago conta agora con seis patentes rexistradas.

Respecto das empresas, por exemplo, Nanogap, con sede en Ames, xestiona 76 patentes, todas elas vinculadas á nanotecnoloxía; EuroEspes conta con catro e Oncostellae, con outro tres. Firmas como Celtalga, Ecocelta, Queizuar, Dart, Health in Code, Nasasbiotech ou GalChimia tamén ten patentes rexistradas.

Hai patentes vinculadas á oncoloxía, as vacinas, a neurología, o sector químico, o farmacéutico, a nanotecnoloxía ou mesmo ao sector primario.

XORNADAS

O Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga) e a área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC celebraron unha xornada sobre a Nova lei de Patentes. O axente europeo de Patentes e socio fundador de ABG Patentes, Juan Arias, falou sobre este mundo e explicou que o seu traballo consiste en tratar de obter "protección por patentes das invencións que desenvolven as empresas".

Así mesmo, aconsellou que "é recomendable investigar, ver se o resultado da investigación é patentable e logo publicar". Ao seu xuízo, é patentable "calquera invención que teña utilidade práctica e que sexa capaz de xerar negocio".

Aínda que admitiu que non todas as patentes xeran un retorno económico, manifestou que "se a invención é boa e ten éxito, o retorno económico pode chegar a ser impresionante".

Ademais, o experto de ABG Patentes apunta que o sector biotecnolóxico é un dos máis dinámicos á hora de patentar. "En Galicia temos clientes biotech e esta comunidade autónoma destaca pola súa seriedade e polo seu traballo", expresou, antes de pór como exemplo a propia Universidade de Santiago.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta