Temas: VENEZUELA PPDEG

A maioría das subvencións a Venezuela son para asociacións lideradas por dirixentes do PP

A Fundación Apoyo a la Ciudadanía Española en Venezuela (FACEV), que recibe unha subvención a dedo todos os anos, está presidida polo líder do PP en Venezuela, Felisindo López.

Por Manuel Vilas | Santiago de Compostela | 28/02/2017 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

A Secretaría Xeral de Emigración está a financiar de xeito discrecional a outra asociación venezolana liderada por un dirixente do Partido Popular. Trátase da Fundación Apoyo a la Ciudadanía Española en Venezuela (FACEV). O seu presidente é Felisindo López Lorenzo, que asemade é presidente do PP en Venezuela.

Rodíguez Miranda sorrí durane entrega ¡a Felisindo Lópezda Medalla de Ouro da Emigración, máxima distinción do Goberno de España, que coloca o director general Miras Portugal
Rodíguez Miranda sorrí durane entrega ¡a Felisindo Lópezda Medalla de Ouro da Emigración, máxima distinción do Goberno de España, que coloca o director general Miras Portugal

GC xa informou a semana pasada que a Xunta está subvencionando a dedo a outra entidade dirixida por outro cargo conservador. Nese caso  a Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas, cuxo secretario é o vogal en representación de Venezuela na directiva do Partido Popular de Galicia, José Antonio Alejandro González.

Así as cousas, os dous colectivos de emigrantes galegos no país caribeño que máis diñeiro público reciben de Galicia ano tras ano teñen ao fronte a dirixentes do Partido Popular.

No caso da FACEV, Emigración asina todos os anos con ela un convenio de colaboración. Sucede dende 2010, primeiro ano completo do PPdeG ao fronte do Goberno tras o bipartito. En total, os seis convenios suman 460.000 euros.

Na primavera de 2016 concedeulle 60.000 euros para a “prestación de asistencia sanitaria e farmacolóxica a persoas de orixe galega residentes en Venezuela”. A FACEV leva recibindo a mesma cantidade mediante convenio dende 2012. En 2011, Emigración déralle 100.000 euros. E en 2010, 120.000 euros.

Os convenios de colaboración son un instrumento legal que permite ás administracións subvencionar discrecionalmente, sen concorrencia, a dedo, a entidades sen ánimo de lucro. 

Cando en 2010 se asinou o primeiro convenio, a oposición fixo oír as súas críticas no Parlamento, porque a firma produciuse xusto na véspera de que López fora elixido, en presencia do número 2 do PPdeG e da Xunta, Alfonso Rueda, presidente do Partido Popular en Venezuela. 

Os convenios outórganlle a FACEV gran autonomía á hora de executar as axudas da Xunta. Para a xustificación dos gastos inferiores a 1.000 euros, a Administración non pide nin factura, chégalle cun recibo. Ademais, FACEV pode rubricar de acordo ao seu criterio “convenios, acordos e protocolos de actuación con centros, clínicas e médicos”.

A FACEV manén tamén unha relación moi estreita co Goberno do Estado, de feito entregoulle unha medalla a Felisindo López en 2014. O director general do Estado de Emigranciones, Aurelio Miras, e o secretario xeral de Emigración da Xunta, Antonio Rodríguez Miranda, foron os encargados de colocarlle a distinción, como reflicte a imaxe que ilustra esta noticia. Trátase do máximo galardón que dá España a persoeiros da diáspora.

Temas: VENEZUELA PPDEG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 16 comentarios

2 Noa

El BNG multiplicó por siete las subvenciones a 'A Mesa pola Normalización Lingüística' LAS CANTIDADES RECIBIDAS PASARON DE 54.000 A 385.000 EUROS EN UN AÑO http://www.lavozlibre.com/noticias/... Todo ello, mientras la Mesa era dirigida por un militante del BNG llamado Carlos Callón

1 Balbino

A mesa e a asociación máis grande de Galicia e o seu traballo de difusión, dignificación e defensa do maior legado cultural de Galicia é indiscutible, mirando a tu fonte de información e mellor que directamente inventes e manipules os datos.

2 papuxa

O exceso de metílico bífido causa danos irreparábeis.

3 FRPU

O BnUpG podería ter aproveitado o seu goberno bipartito co españolismo PsoEciata para desmontar toda a rede clientelar e caciquil do fraguismo PePeiro, pero lonxe diso, o que intentou o dúo Paco Zarzuelas-Anxo Quin foi beneficiarse dela e beneficiar así tamén aos seus propios chiringuitos: Mesa de Lacazáns, Paliza Boba, poliCIG... Saiulles o tiro pola culata e, pola súa cobiza persoal, condenaron Galiza. Por sorte, o pobo galego non perdoa aos sipaios blocallos.

4 balbino

Veña FRPU que andamos de entroido, vai cos teus amigos Noa, Comunista, Nostrus, Feijoo, Gloria Lago, Rivera de la Cruz e o seu secretario Fernán Vello e demáis a cantar por ahí e si tes tempo merca un diccionario e aprende algunha palabra nova que sempre empregas as mesmas.

5 FRPU

"ahí", "tes", "diccionario"... Merque vostede unha Gramática e unhas Normas ortográficas do galego e deixe de cagarse no noso idioma nacional, españolazo.

6 EEUU_entroido

Home Noa, pois moi ben por Carlos ; o que pasa é que aínda queda moito para chegar aos 20 millóns de euros que manexan os que van contra a difusión do galego, vasco ou catalán, ou os centos de millóns que manexan os medios de difusión que poñen todo en castelán. Queda moito por avanzar así que agardo verte máis por aquí, ao millor ata deixamos unhas cousas clariñas....coma o feixismo asociado ao metílico, o de como se financia un blog para meter "historiadores", maquetistas, pagar informantes, etc cun salario de mestre ou de periodista, o de como algúns PPSOEIROS tedes tempo dabondo para pasarvos a liberáis, xogar ao Candy-crush e decir parvadas por aquí todos os días...etc.

1 Bisbardos

A mayoria?. De funcionar como o goberno mareante de Compostela, serían todas para os amiguetes. Que llo pregunten a Red Madre, excluída das subvencións por motivos ideolóxicos con total descaro. En calquera país de Europa iso implicase a dimisión inmediato, pero aí segue caciqueando.

1 pelo

1000 000 de euros en oito persoas así tamén me gustaría traballar a mín en Agader.

2 pelo

1000 000 de euros en oito persoas así tamén me gustaría traballar a mín en Agader.