Un audiovisual para un país

Un ano máis, a entrega dos premios “Mestre Mateo” que organiza a Academia galega do Audiovisual constitúe un bó momento para analisarmos as actuais dificultades do sector.Un sector que é industria (por certo dos sectores industriais menos subvencionados con fondos públicos) e compre reactivalo como tal. Mais tamèn é cultura. E os países sen cultura (os países sen industria audivisual) non existen, como ben dixo Carlos Ares, presidente da devandita Academia, na Gala de entrega deses premios.

Por X.A. Pérez-Lema | A Coruña | 05/03/2017

Comparte esta noticia
O desleixo cara ao audivisual e, en xeral, cara á cultura da Administración galega ao longo dos oito anos de goberno Feijóo contribuiu agravar substancialmente unha moi fonda depresión que o sector é o primeiro en sofrir e o derradeiro en deixar: son os recursos para publicidade o primeiro que recurtan as empresas e os recursos para industrias audiovisuais e culturais o primeiro que curtou este Goberno. Das resultas desta grande depresión o sector ficou moi desartellado. Desfíxose en grande parte o traballo desenvolvido dende a Lei do Audivisual do 1999 por varios Gobernos, como recoñecen as empresas do sector.
 
En realidade, o principal recurso que fica no noso audiovisual son os seus excelentes profesionais: guionistas, técnicos, actores, directores…Mais a realidade cotián dos nosos actores é arrepíante: o 60% dos artistas galegos acadaron ingresos anuais inferiores aos 6000 €, o que os bota de cheo na pobreza. Os artistas sofren dunha grave desprotección social vencellada ás graves limitacións da súa relación laboral especial, inzada de cotizacións só por días ou por findes que lles impide acadar prestacións por desemprego ou xubilación. Velaí a urxencia de aprobar o Estatuto dxs traballadorxs do audiovisual, que lles equipare coa protección social dos traballadores doutros sectores.
 
Na cuestión industrial, compre lembrar que a TVG é a principal ferramenta para a nosa produción audiovisual. Arestora a galega é a canle estatal que máis inviste en termos relativos en series de ficción. Mais  as cifras haberían mellorar en documentais e longametraxes. A galega é unha das canles públicas que menos lle custa ao cidadán na Unión Europea e a súa existencia débese á promoción da nosa lingua e cultura no  mundo, incluídos os nosos produtos audiovisuais.
 
O sector ten grandísimas potencialidades e os inmediatos reptos tecnolóxicos están aí. O audiovisual galego ha ser un asunto de País.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.