Temas: SOCORRISTA

Novas normas para os socorristas en Galicia

A Xunta aproba o cambio do decreto de socorrismo, que amplía a 4 anos o prazo para lograr certificado profesional.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/03/2017 | Actualizada ás 10:20

Comparte esta noticia

O Consello da Xunta aprobou este xoves a modificación do decreto de socorrismo, que amplía a catro anos o prazo transitorio para acreditar a formación mínima. Tamén crea o Rexistro Profesional de Socorristas de Galicia.

Socorristas na praia de Coroso, Ribeira
Socorristas na praia de Coroso, Ribeira | Fonte: certo xornal

A xunta destaca que o texto sometido a exposición pública é froito do consenso entre os principais axentes implicados: as tres universidades galegas, Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Cruz Vermella e Federación de Socorrismo de Galicia.

Así, ampliarase o período transitorio para adaptarse ao decreto que obriga aos socorristas galegos a dotarse dun certificado de profesionalidade (de 2012), o que permitirá aos profesionais inscritos no rexistro galego poder traballar sen este requisito específico catro anos máis (ata 2021).

As novidades que se introducen no decreto buscan asegurar a cobertura de efectivos nas praias e instalacións acuáticas galegas con garantías de seguridade.

Noutra orde de cousas, o Consello da Xunta deu luz verde ao decreto polo que a Consellería de Facenda dótase dunha nova estrutura orgánica, que permitirá adaptala á nova configuración interna do departamento e servirá para crear o Tribunal Administrativo de Contratación Pública e para reforzar a estrutura da Axencia Tributaria de Galicia (Atriga).

Temas: SOCORRISTA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta