Por Mar Barcón | A Coruna | 01/03/2010
Probablemente ni os socialistas – cecais os que menos – sospeitabamos que a lúa de mel coa que Feijoo iniciou a súa andadura ó fronte da Xunta, remataría antes de finalizar o primeiro ano e que no aniversario daquela data nin siquera él mismo nin os seus “aliados naturais” son capaces de facer un balance positivo dun Executivo débil que cometeu en dez meses máis erros dos que algún esperaba del en catro anos.
Baste recordar os vítores e aplausos ós nomeamentos dun “Goberno austero e con perfil profesional” recollidos no seu día e basta unha ollada por riba para darnos conta de que ningún dos dous adxectivos calificaron a súa andaina. Eliminar catro Consellerías só serviou para enmascarar o gasto que supuxo o nomeamento dos cinco “super delegados”, con gabinete de Conselleiros e orden de facerlle a vida imposible ós alcaldes das cidades e manter, baixo o nome de “xefe territorial”, os mesmos delegados de cada departamento autonómico. A teima de arrinconar “os Audis” só valeu para que a Xunta teña investido 6 millóns de euros (mil millóns de pesetas) en renovar por completo a flota do parque móvil e daquelas sillas e mesas tan “luxosas” non se volveu a falar. Por último, en poucos días haberá noticias ó respecto dalguns salarios directivos que se incrementaron de maneira notable, sin ningún motivo aparente.
Pero si a austeridade non resultou tal, a “profesionalidade” ainda foi menos. O Conselleiro de Educación convirtiu cada decisión nunha protesta cidadá: lingua, libros de texto, escolas de idiomas…; o de Cultura enlaza un lío con outro, o de Economía e Industria mantense “desaparecido” da escena pública, en plena crise, intentando que a responsable de Traballo e Benestar asuma a herdanza do paro, consciente de que a incapacidade para a xestión pública – nas políticas de formación e, especialmente, na dependencia - da señora Mato xoga a favor dos silencios de Javier Guerra. A estrela de Pilar Farjas desinflouse cós primeiros datos da espera, a pesares da enxeñería contable e ós responsabeis de Mar e Medio Rural permanecen na invisibilidade absoluta. Ainda que son os Conselleiros que máis perto están de Feijoo, Rueda e Hernández, os que teñen protagonizado algunhas das principais debilidades do Goberno: as sospeitas legais sobre ambos, a paralise e lentitude da “administración Rueda”, a caída brutal da licitación pública, os retrasos acumulados na lexislación urbanística e a actuación do Secretario Xeral do PPdeG no Congreso de Ourense teñen son sólo algunhas das lousas que este ano caeron sobre os escudeiros máis fieis de Feijoo.
Pero sin duda foi o propio Presidente da Xunta o que nos ten ofrecido as “perlas” máis prezadas deste ano. Unxido como o oráculo da nova dereita, Núñez Feijoo percorre España explicando cómo gañar eleccións ós seus correlixionarios e, de paso, exercendo o seu deporte favorito: a frivolidade. Nun discurso impropio no cocido de Lalín, prometendo “bilingüismo cordial” mentras constrúe “cordial enfrentamento”, teorizando sobre a espiritualidade do Xacobeo ou propoñendo “copiar a Lei andaluza de Caixas” na enésima mostra de que para este Presidente todo ten o mesmo tono de “chirigota solemne”. Neste último tema, o futuro das Caixas, o Presidente da Xunta, incapaz de convencer ás dúas entidades para unha fusión, decidiu fuxir cara adiante mantendo un enfrontamento sin cuartel coa dirección de Caixanova, enfrontamento indigno de quen se senta en Montepío.
Feijoo creou unha versión ligth de sí mesmo para a campaña electoral: moderno, emotivo e bon xestor… Un ano despois o seu Goberno recuperou o más rancio da dereita española, os enfrentamentos con Baltar amosaronnos a súa frialdade e a paralise autonómica reventou a súa fama como xestor. Elexiu o “modelo Rueda” pensando que él e a súa xente eran inmunes pero o tempo lle demostrou que non era así e asinou un “contrato con Galicia” que hoxe esconde, incapaz como é de cumplir nin a primeira liña do mesmo. Este un de marzo Feijoo está no Vaticano; seguramente si Benedicto XVI puidera darlle un consello, daríalle tres: “sforzo, rigore e umiltá, Alberto, umiltá!”.