218 millóns

Dende fai alguns días o “equipo Feijoo” anda dedicado a convencernos de que quitarlle 218 millóns de euros ós orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2010 non vai influir moito nas previsións que se tiñan para o ano en curso e que a cidadanía “nin o notará”.

Por Mar Barcón | A Coruña | 26/04/2010

Comparte esta noticia

É realmente notable o esforzo dos responsabeis das Consellerías para explicarnos que disminuir orzamentos nas partidas dedicadas á contratación de persoal sanitario non inflúe na atención ós doentes ou que as empresas de obra pública van a entender e aceptar, encantadas elas, que as obras rematen hoxe e llas paguen cinco anos despois.. Notable.

Ainda que pareza mentira, teño que confesar que concordo absolutamente coa tese de Feijoo: non se vai notar. Nin un pouquiño. En realidade, as malas noticias para a cidadanía non chegaron con este recorte orzamentario senon coa inactividade da Xunta de Galicia, coa parálise das decisións fundamentais para o impulso da economía galega e coa proposta orzamentaria proposta polo Goberno autónomo e aprobada pola maioría parlamentaria que o sustenta. As malas noticias para Galicia derivan do propio Goberno Feijoo. A dereita galega ten renunciado a poñer en marcha medidas eficaces contra a crise económica porque probablemente manteñen a mesma actitude fronte á mesma que a cúpula de “Génova”: canto peor sexa a situación, mellora para as expectativas electorais de Rajoy.

Fai apenas dez días, os Secretarios Xerais en Galicia de UGT e CCOO compartían un almorzo informativo no Forum “Nueva Economía”. No transcurso do mesmo, ambos sindicalistas espuxeron polo miúdo as propostas que os representantes dos traballadores están trasladando ás mesas de Diálogo Social, tanto en Madrid como en Galicia e que non difieren en moito das fórmulas que se están poñendo en marcha hoxe na maioría dos países europeos; solucións de raíz socialdemócrata e baseadas na protección social e no papel do Estado no control financeiro e no impulso á economía. Ningunha destas receitas atopou acubillo nos numerosos e variados plans anunciados – e nunca enunciados – pola Xunta de Feijoo. Tanto José Antonio Gómez – UGT – como o seu homólogo en CCOO explicaron algunhas das accións políticas e económicas esenciais nesta coxuntura económica, para tentar saír da mesma con mellores expectativas de futuro e máis fortes: a protección social de traballadores e familias, os gobernos como axentes de dinamización económica e o inaprazable cambio no modelo produtivo.

As políticas sociais son as grandes desaparecidas do Goberno autonómico que estes días cumpre o seu primeiro ano. A atención á dependencia completamente bloqueada entre a incapacidade do equipo da Conselleira Mato para dar cumprida resposta a este dereito e a incomprensión da dereita do sentido deste novo piar do Estado do Benestar. “El Gobierno que tuvo esta genial idea que la pague”, dixo con esa “naturalidade” característica da señora Conselleira e nesta sinxela declaración constataba as dúbidas que os conservadores manifestan sempre diante da creación dun servicio público, da aprobación dun dereito social. Nin o PP cré na necesidade dun Sistema Público de Atención á Dependencia, nin o creou nos anos do “miragre Aznar”, cando “España iba bien”; polo tanto, é imposible que saiba ou que quera xestionalo ben e rápido.

O mesmo cabe decir das políticas activas de emprego; baste decir que o departamento de Beatriz Mato deixou sin gastar máis de cen millóns de euros en formación no ano das peores cifras de desemprego da historia de Galicia. Do interese do PP no ensino público baste como exemplo a foto dos pequenos xantando un bocadillo polas carencias orzamentarias para asumir o pago dos comedores escolares e do seu compromiso coa sanidade pública só hai que botar unha ollada ás listas de espera ou preguntar ós cidadáns de Vigo ou Pontevedra, sobre os plans da señora Farjas para eses hospitais.

Si en políticas sociais Feijoo ten abertos varios frentes, no que atinxe ó papel da administración autonómica como dinamizador da economía bastará con recordar que por primeira vez na historia, os Concellos licitaron varios millóns de euros máis en obra pública que o Goberno autonómico. Poderá argumentarse que foi grazas ó Plan E, pero non é menos certo que a esta situación contribuiu de maneira notable a renuncia expresa dos departamentos máis inversores do gabinete Feijoo a cumplir coa súa función. Hernández paralizou infraestructuras, modificou prazos para alongar a súa construcción, non licitou ainda nin un centímetro de solo industrial, ten parada a tramitación de vivenda pública e as obras de Augas de Galicia pasaron a mellor vida. O “Conselleiro MATI” vai asinar as peores cifras da historia autonómica, xustamente cando máis falla facía a obra pública, tanto para crear emprego como para preparar o país, en comunicacións, infraestrcuturas e servicios para o futuro. O mesmo se pode decir de áreas como Medio Rural ou como Mar, donde se deixaron de executar casque o 50% do orzamento. Asemade, a minoración de axudas e subvencións dirixidas ós Concellos tivo tamén un efecto de déficit para as administracións locais que no último ano dependeron para a súa supervivencia do Goberno Zapatero e o Feil.

Si os dous apartados anteriores inflúen no presente, a necesidade de cambiar o modelo produtivo é unha condición “sine qua non” para a capacidade futura. Os gobernos de toda Europa invisten en estos momentos en educación, formación, innovación e tecnoloxía, conscentes de que a mellora dos recursos humanos e os sectores produtivos que aportan máis valor engadido son o futuro das sociedades desenvolvidas. En Galicia non. En Galicia o Goberno Feijoo rebaixou os orzamentos ás Universidades, retira fondos ó ensino público, quita profesorado nas Escolas de idiomas, paraliza o sector eólico, minimiza a presencia pública no mundo da investigación, inhíbese á hora de impulsar sectores “verdes” da nosa economía, mesmo có mantemento dun Plan de Residuos sin alternativa algunha á icineración e asiste como espectador de luxo ás modificacións no accionariado de empresas punteiras como “R”, afirmando “estar preocupado” pero sin tomar ninguna decisión, nin antes nin despois.

Feijoo é pois, a peor noticia para a economía galega. Nin siquera foi capaz de convertir o Xacobeo nunha oportunidade e as únicas boas noticias proceden do Goberno de España: o Plan E, as axudas ó sector do automóvil, os contratos do naval e a movilización de recursos públicos para o AVE, os Plans Directores dos aeroportos, os Portos exteriores e a finalización da rede de autoestradas dependentes de Fomento. Feijoo, aquél 009 disposto a arranxar a crise en dúas patadas, non é máis que un convidado de pedra ó discurrir dos acontecimentos económicos do país que o elexiu coma Presidente. Por eso, os cidadáns poden estar tranquilos; non notarán 218 millóns menos nin os notarían si estiveran de máis.. o gabinete Feijoo é especialista en decir que non tén cartos para gastar e en deixar sin gastar máis de 1200 millóns de euros dos Orzamentos do 2009. Unha alegría como políticos, unha garantía coma xestores públicos… non sí???.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA