Por Mar Barcón | A Coruña | 02/05/2010
Cecais a xente sinte un frío e unha inquedanza que non se cura nin sentindose parte dunha clase traballadora que espertou bruscamente do soño dun “Dourado” perecedeiro… coma todos os “dourados”.
Mentras tanto, Feijoo elexiu unha longa viaxe. Estase xa a convertir nunha tradición: cada vez que as cousas se poñen mal, o Presidente da Xunta pon o mar por medio. Esta vez, cun pé na escleiriña do avión, Feijoo fixo un chamamento á unidade política para lograr “en 48 horas” a fusión das Caixas.. menos mal que logo Rueda aclarou que o dos dous días era “simbólico”, porque non me negaredes que a situación non raiaba no esperpento.. como o momento é tan crucial, eu voume a México.. Esperpéntico, incluso para Nuñez Feijoo que xa nos tén regalado unhas cuantas..
O certo é que estando aló ou aquí as cousas non varían moito. As cifras da EPA, as filtradas e as reais, que resultaron ser as mesmas, deixáronnos algún datos para facer unha profunda análise en Galicia. Resulta que a nosa Comundiade, que nos últimos anos mantivo un crecemento moi por riba do resto do Estado, que se librou da dependencia absoluta do sector inmobiliario e que tén unha poboación activa certamente por debaixo doutras, está casi liderando a destrucción de emprego en España, con cifras por riba do 20% do crecemento do desemprego. Galicia é hoxe unha das fontes do desemprego español e o Goberno galego non tén dado mostras de ser capaz de poñer en marcha acción algunha efectiva para frear ou revertir esta situación.
A Xunta, no ano 2009, deixou sen executar máis de 1.600 millóns de euros dos seus orzamentos, coa paralise da actividade económica e empresarial que eso supón, polo tanto có que significa de falta de creación de emprego. Hoxe, nun xornal José Ramón Gómez Besteiro, Presidente da Deputación de Lugo, inisitía na necesidade de que cando o motor do investimento privado falla, a administración pública debe asumir un certo relevo do mesmo para que non se produza unha caída na actividade casque irreversible. Fronte a iso, a continua anulación de obras públicas, a paralise na licitación de infraestructuras viarias, de vivenda ou de solo produtivo, o adiamento de investimentos xa programados e a lentitude das tramitacións de subvencións, axudas ou transferencias teñen sido unha constante neste Goberno cuxas consecuencias están empezando a percibirse polo conxunto da poboación e na totalidade dos sectores.
Feijoo chegou á Xunta cun certo “halo” de bó xestor, pero resultou que a súa fama non estaba xustificada. Na situación máis grave da economía galega ne moitos anos, o Goberno autonómico non tén asumido a súa responsablidade nin tén posto en marcha medidas que están na súa mán e que se corresponden con ámbitos da súa competencia. O cen por cen das políticas activas de emprego residen no departamento dirixido pola señora Mato que se limita a laiarse do mal que está o mercado de traballo. Do diálogo social non temos máis resultados que algunha que outra nova de vez en cando nos xornais pero sin contido algún, como teñen posto de manifestó de maneira reiterada os líderes sindicais e mesmo – tímidamente – os empresariais.
O sector servicios non parece atopar consuelo nin nun pesimamente programado Xacobeo, responsabilidade directa do Goberno Feijoo malia os intentos do mesmo de trasladarlle non sei qué culpas ó Executivo central. O servicios sociais non se teñen convertido nun novo nicho de emprego, dada a paralise na tramitación da Dependencia, entre a incapacidade do equipo xestor e a falla de vontade política, manifestada nas sucesivas declaracións da Conselleira e o Presidente. A industria non recibe máis axudas que as que complementan os programas estatais e fai tempo que sectores estratéxicos reclaman plans específicos que o señor Guerra non parece ter a capacidade de por en marcha. Dos sectores primarios nada que engadir; baste con repasar as cifras da execución orzamentaria de Medio Rural e Mar para decatarse de que a súa capacidade non é a que se precisaría neste momento.
O Secretario Xeral dos socialistas galegos, Pachi Vázquez, anunciaba onte a presentación dun Plan Integral de Emprego para rematar coa indolencia dun Goberno galego que cada vez que escoita a palabra “desemprego” mira cara a Madrid, olvidando a súa responsabilidade e as súas competencias. A creación de emprego, a dinamización da economía e as axudas ós sectores produtivos deben ser as prioridades deste Goberno. Non sei si a pasividade de Feijoo é incapacidade ou, o que sería peor, o mantemento dunha actitude de bloqueo esperando que a crise axude a Rajoy no camiño cara a Moncloa. O primeiro sería malo; o segundo imperdoable. O que sei é que un Goberno con competencias amplas en educación, investigación, comunicacións, pesca, agricultura, industria, servicios, comercio, vivenda, infraestructuras, medio ambiente, solo industrial, servicios sociais, turismo, cultura, sanidade… pode e debe facer algo máis – moito máis – que contar parados, laiarse e botarlle a culpa a Zapatero. Si non o fai, os cidadáns non llo perdoarán.