Galicia Bilingüe carga contra as axudas ás teses en galego

Galicia Bilingue di que presentou unha queixa ante a Valedora do Pobo polo “malestar que estos días han trasladado a la asociación varios alumnos de la UDC”. O colectivo crítico coa normalización ve inadmisíbel as axudas que se conceden aos universitarios que escollen o galego para os seus traballos finais.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 01/06/2017 | Actualizada ás 08:41

Comparte esta noticia

Segundo os seus datos, as axudas varían entre 75 euros para os traballos fin de carreira e os 400 para teses. Os fondos proveñen en ultima instancia da Xunta de Galicia.

Gloria Lago, presidenta de GB
Gloria Lago, presidenta de GB

O Plan de Normalización Lingüística obriga á Administración a apoiar o uso do galego sobre todo nos eidos, como o científico, onde se usa menos debido a séculos de prohibición. A propia Galicia Bilingüe recoñece que na Universidade de Santiago as teses no idioma propio non chegan ao 13%.

Con todo, o colectivo que dirixe Gloria Lago considera estas axudas unha discriminación aos castelánfalantes e pon en dúbida a “vontade sincera” dos que escollen o galego para as súas teses.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 39 comentarios

23 fodas

Aquí o único obrigatorio por ley é o español, non o galego e ainda onte saiu a queixa dun señor que pediu o borrador da declaración da renta en galego e ademáis de maltratalo enviaronlla en español, a Gloriiiia, caladiñacoma un peto, Galicia bilingüe?, era para rir se non fose para chorar. a engañar a outros, estamos ate os tomates dos supremacistas españoleiros

22 fodas

O que non quero eu e dar un peso ao Cervantes, a real academia española, a RTVE, por cada euro van dos impostos dos galegos para o galego van dez para o español, asi que a ver quen son os subvencionados

21 Azotador

Y cuanto se da a la TVJA, esa tele inutil? Pues eso, parvos y bobos.

20 O de Lepe

Que cacao mental tendes algúns maremia... Que esperar da GB coa fundadora que ten? botarlle un ollo á biografía e ver que xa seus antergos andaban traficando con alcohol adulterado, e estivo a piques de fichar polo PePe e mailo UnionProgreseDemencia. Cousas como estas que leo por eiquí embaixo fanme querer falar o menos castelán posible mentras esteña en Galiza, cando me atope con alguen de fora? Sen problema ningún, non sei de onde sacades esas caralladas anti "naciotas" como lles chamas. Sodes o raposo disfrazado de colectivo liberal normalizador... Queredes afundir todo o que nosos antergos loitaron por conseguir e parece que faltástedes a moitas clases de galego na escola, asique deberiades retoma-las canto antes, para non andar a dicir máis burradas por ahí.

19 Agrella

Para a xente que di que as subvencións estas son tira-los cartos. Fagamos contas. Número de teses publicadas. basándome en número de przas de programas doutorales en galicia digamos que é mil (é menos, pero seamos xenerosos). ASumámos que todos os doutorandos publicarán tese. E asumamos que o 13% de estas son en galego, polos datos que temos na USC (na UDC e na Uvigo o número é moito menor que o 13% pero seguimos sendo xenerosos). Asumamos tamén que todas compren as características apra acceder ó máximo de 400 euros. Ben pois temos que o custe para o goberno é de arredor de 52.000. Agora comparemos iso cos 700.000 que da a Voz de Galicia por ter un 8% en galego. A conclusión é: estmaos parvos ou qué?