Por Galicia Confidencial | Vigo | 01/06/2017 | Actualizada ás 08:41
Segundo os seus datos, as axudas varían entre 75 euros para os traballos fin de carreira e os 400 para teses. Os fondos proveñen en ultima instancia da Xunta de Galicia.
O Plan de Normalización Lingüística obriga á Administración a apoiar o uso do galego sobre todo nos eidos, como o científico, onde se usa menos debido a séculos de prohibición. A propia Galicia Bilingüe recoñece que na Universidade de Santiago as teses no idioma propio non chegan ao 13%.
Con todo, o colectivo que dirixe Gloria Lago considera estas axudas unha discriminación aos castelánfalantes e pon en dúbida a “vontade sincera” dos que escollen o galego para as súas teses.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.