Galicia Bilingüe carga contra as axudas ás teses en galego

Galicia Bilingue di que presentou unha queixa ante a Valedora do Pobo polo “malestar que estos días han trasladado a la asociación varios alumnos de la UDC”. O colectivo crítico coa normalización ve inadmisíbel as axudas que se conceden aos universitarios que escollen o galego para os seus traballos finais.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 01/06/2017 | Actualizada ás 08:41

Comparte esta noticia

Segundo os seus datos, as axudas varían entre 75 euros para os traballos fin de carreira e os 400 para teses. Os fondos proveñen en ultima instancia da Xunta de Galicia.

Gloria Lago, presidenta de GB
Gloria Lago, presidenta de GB

O Plan de Normalización Lingüística obriga á Administración a apoiar o uso do galego sobre todo nos eidos, como o científico, onde se usa menos debido a séculos de prohibición. A propia Galicia Bilingüe recoñece que na Universidade de Santiago as teses no idioma propio non chegan ao 13%.

Con todo, o colectivo que dirixe Gloria Lago considera estas axudas unha discriminación aos castelánfalantes e pon en dúbida a “vontade sincera” dos que escollen o galego para as súas teses.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 39 comentarios

8 nostrus

Eu defendo que cada un faga as teses na lingua que lle peta, pero fomentar que se fagan en galego paréceme un atraso, agás que queiramos promocionar os atarsos. Todas estas trapalladas son só para que o nacionalismo disfrute coas suas alucinacions. Non creo eu que sexa moi progresista apostar polos reais e as pesetas frente ao euro. O galego é unha lingua oficial en Galicia e débese garantir que o use todo aquel que queira. A vida non debe estar baseada para que o nacionalismo disfrute e a sua vez o nacionalismo non debe ser tan egoista como para querer disfrutar el só e si lle quere rezar ao galego que lle rece, pero ninguén debe estar obrigado a rezarlle aos deuses dos demais.

7 Isqueiro

70 millóns para que a rapazada entre 0 e 3 anos, que aínda tatabexan en calquera lingua, aprenda inglés. É de acomplexados renegar do idioma propio desta terra. Mentres non sexamos quen de termonos autoestima, non poderemos progresar. E con rémoras viguentas desta calaña, aínda menos! eu da neta do que repartiu alcol adulterado velenoso por Galicia adiante NON me fio...

1 nostrus

No hace falta renegar de nada y unos de los mas adictos a rengar son los nacionalistas, que reniegan de lo que son. El progreso viene muchisimo mas de la mano del español que del gallego por mucho que no lo querais ver. De todos modos tampoco hace falta renegar del gallego porque ambas lenguas pueden convivir en Galicia como llevan haciendo desde hace siglos. El nacionalismo no aporta nada salvo crispacion.

2 monstruo becquer

E ti falas de atraso, mentras clavas nas miñas pupilas, os teus noxentos comentarios de falanxista de camisa azúl,, atraso...atraso (mental) eres ti.

6 Sen novidade

A seita españoleira ataca de novo

5 Hipócritas

Estes sempre saltan cando hai algo a favor do galego, logo nas miles de accións a favor do español e contra o galego, non se saben onde están... Ulo bilingüísmo de Galiza Bilingüe???

4 Galicia Monolingüe

Vai sendo hora de adecuar os nomes das asociacións á realidade que defenden. Do mesmo xeito que a unha empresa que busca obter o máximo lucro posíbel non se lle debería permitir chamarse Empresa de Beneficencia, a esta entidade que pretende a españolización total de Galiza non se lle debería permitir usar o nome de Galicia Bilingüe. Xa basta de enganos. Defende o que queiras, pero a cara descuberta. Do resto, noticia ningunha, ben sabemos que está especie de seita aparece cada vez que alguén pretende facer algo para revitalizar o galego é trata de impedilo. O seu obxectivo está claro: unha nación, España, unha lingua, español. O resto sobra. O problema é que tal vez non sexa así é a nación sexa Galiza é a lingua o galego, pero á estes dálles igual, o que lles importa é españolizar.