Axuda a manter un xornalismo libre e sustentable

Os tres milleiros e medio de usuarios diarios de Galicia Confidencial poden contribuír dende hoxe a mantelo como referencia da información independente na rede galega.

Por Xurxo Salgado | Santiago | 11/05/2011

Comparte esta noticia

Galicia Confidencial leva oito anos ofrecendo de balde aos internautas moitas noticias que non poden ler completamente na prensa tradicional ou que len de xeito sesgado.

Desde a independencia política e económica, este diario electrónico conseguiu sumar máis de 3.500 IPs únicas diarias, o que indica que máis de tres milleiros e medio de cidadáns buscan no Galicia Confidencial información que non atopan noutros medios.

Medramos grazas ao esforzo desinteresado de xornalistas, deseñadores e informáticos, pero sobre todo, de vós, lectores. Desgraciadamente, chegou un punto de non retorno onde o medio desborda xa a nosa capacidade altruista e onde  as necesidades de profesionalización demandan outro tipo de compromiso.

Contamos cun grupo de xente que fai posible que cada día teñas información diferente. E é que GC non é Xurxo Salgado. Son Alberto Quián, Xosé Antón Bocixa, Manuel Vilas, Antón Fernández, Marcos Pérez, Xurxo Martínez, Iván, Javi, Marcos, Rubén, Ubaldo Cerqueiro de www.quepasanacosta.com e a xente de certo.es, de ourensedixital.com, de cousasdesanxenxo.blogspot.com, elfigaroemboscado.com, katanga-koruna.blogspot.com, mallos.es ou de libertadpopular.blogspot.com, entre outros. E, sobre todo, esa xente anónima que participa desinteresadamente.

É por iso polo que acudimos a vós, coma sempre fixemos desde que estamos na rede. Se queredes que o GC siga vivo, axudade, por mínimo que sexa. O único que buscamos é tentar manter un medio libre sen interferencias institucionais, nin privadas. Vós mesmos sabedes que os cartos públicos ou as grandes inversións privadas asulagan a independencia dos xornalistas.

O diñeiro que obteñamos será para profesionalizar o GC; pagarlle aos nosos xornalistas e aumentar a nómina de reporteiros. Non pedimos moito, só que nos botes unha man para tentar manterte informado do que realmente pasa no mundo.

Para colaborar económicamente con nós só tes que rexistrarte e, unha vez conseguido o teu perfil no GC, podes xa converterte no noso benefactor aportando cartos para este proxecto.

Innova, aforra e apoia unha prensa libre. Calquera achega, por pequena que sexa, será ben recibida e mellor investida. Graciñas por estar aí. Vós sodes o que mantedes con vida este xornal. Non o esquezades nunca.

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA