O valor das palabras

Xa hai tempo que veño pensando no difícil que se fai chamarlle as cousas polo seu nome. Unha vella práctica que provoca enredos e situacións incómodas.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 25/11/2011

Comparte esta noticia

Debe de ser que a min non me gustan nada os eufemismo. Fuxo deles sempre e, quizais, sexa directo de máis. O que non entendo é como hai quen fai difícil ou tenta facer difícil unha cousa tan sinxela como dicir unha verdade. E isto ven a conto de que non entendo porque nestas eleccións que veñen de rematar evitase chamarlle pan ao pan e viño ao viño.

"Sufrimos a perda lineal e horizontal do PSOE", dicía na noite electoral o líder do PSdeG, Pachi Vázquez. "Moi bo resultado", sinalaba o líder do BNG, Guillerme Vázquez. Ironías do destino. Nin un perdía linealmente, nin o outro tiña uns magníficos resultados. O PSdeG deixouse catro deputados e 300.000 votos e o BNG, aínda que mantiña os dous escanos, perdía 29.264 papeletas con respecto aos comicios do 2008.

Obviamente que non se poden comparar os resultados. O gran perdedor das eleccións é, sen dúbida, o PSOE, por culpa da crise ou por culpa doutras variables, pero, en definitiva, é o gran perdedor. Tampouco o BNG está para botar foguetes porque, a diferencia do que aconteceu no 2000, nestes comicios, non aproveitou o esfarelamento do PSdeG e, en vez de subir en porcentaxes electorais, baixou.

Por iso, ás veces, é necesario chamarlle as cousas polo seu nome, falar alto e claro e evitar medias verdades ou nin tan sequera verdades a medias. O do PSOE foi unha derrota "sen paliativos", como recoñeceu un día despois o seu secretario de Organización, Pablo García, e o do BNG un "novo toque de atención" do seu electorado como recoñeceron Xosé Manuel Beiras ou Carlos Aymerich nos días posteriores. Nin máis alto, nin máis claro se pode dicir porque, sinxelamente, expresan o que pensan moitos dos militantes e simpatizantes destes dous partidos políticos.

E é que a autocrítica non fai dano a niguén, máis ben cura feridas ao instante, sen necesidade de recorrer logo, aos servizos de urxencia. Debe de ser que eu xa estou moi afeito a dicir as cousas directamente e, por iso, teño o lombo a proba de balas. E é que xa o dicía o bo de Tácito; "irritarse por un reproche é recoñecer que se ten merecido".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA