A doutrina Parot é inconstitucional

Un principio fundamental de todas as democracias europeas, recollido na Convención Europea de Dereitos Fundamentais e, xa que logo, que define a interpretación da Constitución estatal no eido dos dereitos humanos é que toda persoa só pode ser condenado á pena definida previamente ao delicto que cometa. O agravamento das penas, xa que logo, non pode ter nunca carácter retroactivo.

Por X.A. Pérez-Lema | A Coruña | 18/06/2017

Comparte esta noticia
Para os delictos cometidos antes do 26 de maio de 1995 rexía o Código Penal do 1973, que permitía redimir as penas polo traballo ou polo estudo . Aos reos de múltiples delictos de asesinato ou violación, por exemplo, o límite efectivo de cumprimento da pena era de 30 anos. Mais o Tribunal Supremo definiu no 1994 que as redencións das penas por estudos ou traballos restaban dese límite de 30 anos, polo que os violadores ou asasinos que cometerán varios destes delictos restarían efectivamente tempo de prisión deses 30 anos.
 
No tempo do aznarato (2006) a chamada Audiencia Nacional (AN) mudou a regra con Henri Parot para atrasar a súa saída de prisión e decidiu que as redencións acadadas restarían de cadansúa pena individual, o que garantía case sempre que esta caste de delicuentes cumprirían 30 anos efectivos. O etarra recorreu e o Tribunal Supremo (TS) mudou a súa xurisprudencia confirmando a sentenza da AN. O Tribunal Constitucional (TC) rexeitaría no 2008 o recurso de Pairot admitindo esta aplicación retroactiva das regras de execución das penas. 
 
Mais no 2012 e 2013  as dúas instancias do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos decidiron en cadansúas sentenzas que a doutrina dos tres tribunais españois (AN, TAS e TC) era contraria ao devandito principio de irretroactividade na aplicación da lei penal, e xa que logo, que era inconstitucional. Isto  determinou, como era previsíbel, unha enxurrada de liberdades de graves delincuentes  en moi pouco tempo, o que xerou grande alarma social.
 
Velaí que esta alarma social fose da exclusiva responsabilidade, en último de contas, da docilidade a respecto do Goberno Aznar das Salas do Penal da AN e do TS e do propio TC no seu conxunto, ao pular por unha retroactividade penal inconstitucional e antidemocrática que veu ratificar, unha volta máis, a parcialidade dos Altos Tribunais españois.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.