Non hai Terceira Vía

Pablo Iglesias ven de dicir que se fora catalán non votaría no referéndum de independencia que o Parlament convocará para o vindeiro 1-O. Seica o líder rupturista denuncia a falta de “garantías” e amosa que él e máis os Comúns da Ada Colau (agás a organización catalá de Podemos, favorábel ao plebiscito) están por un “referéndum pactado co Estado”. Home, non! E todos estamos pola paz mundial…!

Por X.A. Pérez-Lema | A Coruña | 10/07/2017

Comparte esta noticia
Do que non se decata Pablo Iglesias (porque si se decata vai moito máis aló) é que, hoxendía, na cuestión catalá non existe terceira vía. Primeiro Artur Màs e, despois, Puigdemont levan cinco anos tentando pactar co Goberno Rajoy, primeiro un encaixe catalán no Estado e agora unha saída pactada que recoñeza o dereito a decidir dos cataláns. Un dereito a decidir recoñecido nos Pactos Internacional de Dereitos Civís e Políticos e Sociais, Culturais e Económicos da ONU, que integran o Dereito español como normas interpretativas no eido dos dereitos fundamentais. Un dereito a decidir que resposta á realidade nacional de Catalunya, absolutamente preconstitucional, como a de Galicia.
 
Mais o problema é que estamos case a mediados de xullo de 2017 e nin o Goberno do Estado nin ningunha forza política ou social,  catalá ou estatal, propuxo ningunha solución de consenso, ningunha sintese, quer mellor financiamento e  máis autonomía,  quer dupla consulta plebiscitaria (catalá e estatal), quer calquera outra cousa. Velaí a realidade núa…non hai terceira vía. Só hai o recoñecemento ao dereito a decidir (tamén para votar “non”) que demanda máis do 70% da cidadanía catalá ou máis do mesmo.
 
Claro é que máis do mesmo non é que Catalunya siga igual ca antes da sentenza de xuño de 2010 do Tribunal Cosnrtitucional que coutou o novo Estatut catalá. Porque Catalunya, canda Galicia, sofriu dende entón un substancial recurte do seu autogoberno nesta enxurrada recentralizadora desenvolvida por Rajoy desque chegou ao Goberno do Estado. Os gobernos catalán e galego non mandan no réxime local dende a lei de modernización dos gobernos locais do 2013, nin poden regular as aperturas, horarios ou rebaixas do comercio interior, dende a lei de unidade de mercado. Están- e estamos- moito peor canto ao autogoberno ca no 2010.  
 
Velaí que teña razon Xosé Manuel Beiras e non Pablo Iglesias. En Catalunya, polo de agora, non hai terceira vía. 
 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.