Temas: PODEMOS 25X

Podemos celebra o seu "Día da Matria Galega"

Ccritica ao PP por homenaxear a Fraga porque "as súas mans está manchado de sangue".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/07/2017 | Actualizada ás 15:03

Comparte esta noticia

Podemos Galicia difundiu este martes un manifesto no que ratifica que decidiu conmemorar este 25 de xullo como "Día da Matria Galega". A formación morada, que lidera Carmen Santos na Comunidade, aspira a "recuperar a memoria daquelas mulleres invisibilizadas na historia que tamén contribuíron á construción de Galicia como nación histórica".

Acto de Podemos en Pontevedra
Acto de Podemos en Pontevedra

O partido explicou, como mostra dunha "débeda coas mulleres", a súa referencia ao 25 de Xullo como "Día da Matria Galega": "Desde Podemos Galicia queremos con este día homenaxear cada ano a cada unha delas".

No documento sinalan a "todas as figuras políticas relevantes" de Galicia, unha comunidade na que, lembran, "tamén houbo mulleres compartindo loitas e pensamento nunha dobre agresión", referíndose a "a que padecía Galicia" e "á que se enfrontaban as mulleres na súa defensa de suxeitos de pleno dereito".

Denuncian, ademais, que esa situación "non dista tanto da realidade de hoxe". As declaracións da formación morada chegan un día despois dun novo caso de violencia machista en Santiago, que lembran no manifesto, o dunha muller que foi apuñalada nas proximidades da Alameda. "Esta homenaxe tamén vai por ela e por todas as vítimas, para que sexa a última", aseveraron.

Podemos Galicia insistiu no seu compromiso coa "feminización da política", e referiuse a a deputada Irene Montero como "auténtico fito". Destacaron a Montero por ser "a primeira muller en defender unha Moción de Censura" e encomiaron "un discurso que xa non se poderá invisibilizar, como ocorreu noutros tempos".

PLURINACIONALIDADE

A muller, como eixo vertebrador dos primeiros parágrafos do documento, dá paso a unha mensaxe de plurinacionalidade co que Podemos Galicia destacou ao líder nacional, Pablo Iglesias, quen afirmou hai uns días que "non se pode entender España" sen esa característica.

Tamén eloxiaron as palabras Juan Carlos Monedero, que hai uns días visitou Galicia e referiuse ao partido na comunidade como unha formación "capaz de reclamar autogoberno e dereito de autodeterminación".

CRÍTICA A FRAGA

Por outra banda, o partido considerou unha "provocación" e un "acto de soberbia de Feijóo" que o PP dedicase este 25 xullo á figura de Manuel Fraga, xa que, aseveraron, "as súas mans están manchadas de sangue por asinar sentenzas de morte".

Desde a formación sinalaron ao que fose presidente da Xunta "como un dos culpables do problema territorial" e afirmaron que "sempre o perseguirá o seu pasado franquista".

No manifesto, referíronse a Alianza Popular para apuntar que "Fraga era o líder nos tempos nos que Rosendo Naseiro recollía cheques de empresas para financiar o partido".

Por último, criticaron a reivindicación da súa figura por ser "responsable de cortarlles o pelo ás mulleres que entraban en prisión na ditadura", concluíndo cunha mensaxe para "recuperar o nome de todas esas mulleres rapadas e das que tiveron mellor sorte".

Temas: PODEMOS 25X
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

7 Pardal

Para o chulito madrileño Montero, Galiza é a matria e para o coletas Espanha é a Patria. E digo eu pensaran que temos que dar consentimento na relación ou seguirán a exercer a violancia de xénero?

6 Cavalo d'Aldám

Em Madrid Podemos ao falar de Espanha, fála-se de PATRIA. Mas ao falar de Galiza toca dizer MATRIA. Que feche os olhos quem nom queira ver a intencionalidade clara na suposta correcçom política terminologica. O nível de papaostiada da progresia em geral leva-nos a isto... Ja nom é cousa de Podemos, é cousa dos que se deixam levar por estas lerias onde sempre, sempre, sempre, se vai vaciar e quitar sentido ao nacional. Enfim!

5 Eu mesmo

Qué parvada é esa da matria galega?. Non hai fotos do acto na Estrada?. Aínda foron menos que aos da Marea, IU ou Anova?. Tampouco, coma no caso de IU, había bandeiras galegas?. Fico thunderstrack, que dirían os ACDC!!!

4 Billeteiro

Como garantes da unidá despaña iso si

3 Do suco

Monedero e a comunistallada cipaia española fóra da Galiza, xa!