Feijóo dille non a Villar Mir

O empresario, investigado por financiar ilegalmente ao PP, non poderá vender por separado as súas hidroléctricas, como pretendía Ferroatlántica coa oposición de traballadores e forzas políticas da Costa da Morte.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/07/2017 | Actualizada ás 16:10

Comparte esta noticia

A Xunta denegou a solicitude de Ferroatlántica para segregar as actividades industriais e enerxéticas e así poder vender as centrais hidroeléctricas que explota na Costa da Morte, dos ríos Xallas e Grande.

Ferroatlántica manifestación Santiago
Ferroatlántica manifestación Santiago | Fonte: Europa Press

A Xunta, a través de Augas de Galicia, tiña a última palabra sobre a segregación defendida por Ferroatlántica nos seus negocios hidroeléctricos. Este mércores informou aos alcaldes e aos representantes dos traballadores de que esta petición non cumpre cos requisitos necesarios que fixa a lexislación.

Foi o propio presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quen comunicou esta decisión por teléfono a alcaldes da comarca, mentres que o conselleiro de Industria, Francisco Conde, foi o encargado de trasladarllo ao comité de empresa.

Villar Mir e o conselleiro de Economía nunha imaxe da web da Xunta
Villar Mir e o conselleiro de Economía nunha imaxe da web da Xunta
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Adeus á industria

Esta é a política da Xunta, todos camareiros e camareiras. Teremos moi bonitas paisaxes e natureza até abrirán a fervenza do Ézaro definitivamente, pero non industria: Nun par de anos ou antes Ferroatlántica lisca, e fará moi ben. Hai que ser moi burros! Se co sistema de subhasta eléctrica xa non se consome a electricidade desas centrais concretas!, non son de uso exclusivo para esas plantas. Nada, nada, nós e os nosos fillos a traballar de camareiros para os alemáns e ingleses que veñan comer o marisco.