Menos de seis meses despois, o ex-presidente de Novacaixagalicia queda libre

O suposto delicado estado de saúde de Gayoso, a súa idade, ter pagado a resposabilidade civil e a promesa de colaborar como contable dunha asociación son os motivos esgrimidos pola Xustiza para liberalo.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 31/07/2017 | Actualizada ás 18:19

Comparte esta noticia

O xuíz de Vixilancia Penal da Audiencia Nacional, José Luis Castro, acordou poñer en liberdade ao expresidente de Novacaixagalicia  Xullo Fernández Gayoso, que cumpre unha condena de dous anos de prisión por un delito de apropiación indebida no cárcere da Lama, coa obrigación de colaborar de forma altruísta e sen contraprestación económica coa Fundación Asociación Érguete Integración para que axude a persoas en situación de exclusión social e que colabore na xestión de actividades relativas á contabilidade da devandita entidade.

Julio Fernández Gayoso
Julio Fernández Gayoso

Razonamentos do xuíz

No seu auto o xuíz aplica , de acordo co fiscal, o artigo 100.2 do Réxime Penal, relativo á aplicación do sistema máis flexible de execución penas, coa esixencia de que o interno realice as citadas actividades de voluntariado ás que se comprometeu e en atención á súa idade, 85 anos, e ao seu delicado estado de saúde, aplíqueselle o artigo 86.4 do Réxime Penal, deixando en mans da Administración Penal, en atención ás circunstancias do interno, a decisión sobre o mecanismo que estime suficiente para o control do exdirectivo de Novacaixagalicia.

“Con esta actividade o interno, xunto co pago da responsabilidade civil poderá dar cumprimento á finalidade restaurativa da pena tan importante no ámbito do tratamento penal, pois a través dos labores de asistencia a persoas desfavorecidas poderá, en certa medida, resarcir á sociedade do dano causado coa súa acción delituosa, así como, ao tratarse dunha persoa con amplos coñecementos financeiros poderá mediante a colaboración con Érguete (estudando e preparando documentación para a posible obtención de subvencións, así como axudando no ámbito contable) devolver á sociedade a confianza rota polo dano causado”, subliña o xuíz no seu auto.

José Luis de Castro tamén valorou o feito de que a responsabilidade civil, á que foi condenado de forma solidaria xunto a outros exdirectivos de Novacaixagalicia, estea xa abonada. Neste sentido, afirma no seu auto, que Fernández Gayoso non puxo obstáculo algún en cubrir a devandita responsabilidade, máis ben o contrario, a súa conduta en todo momento e especialmente durante a executoria estivo dirixido a facilitar que se fixese efectivo o pago da devandita responsabilidade.

Feijóo celebra a fusión das caixas canda Gayoso e Varela, dous dos directivos que levaron as millonarias indemnizacións
Feijóo celebra a fusión das caixas canda Gayoso e Varela, dous dos directivos que levaron as millonarias indemnizacións

Os directivos de Novacaixagalicia entraron na cadea en xaneiro

Julio Fernández Gayoso entrou en prisión o 16 de xaneiro deste ano. É dicir, non leva nin seis meses na cadea e, malia a pena de prisión de dous anos, sairá á rúa. Cumpriu polo tanto menos do 25% da condena.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

4 anonimo8766

En la primera foto de la noticiia aperece Feijoó, como dando a entender que tuvo que ver con los delitos cometidos por Fdez. Gayoso. Debe ser que una reunión entre un presidente de una comunidad autónoma y los máximos responsables de las principales cajas de ahorros que operan en ésta es algo sospechoso. En serio, la única diferencia en GC y La Coz es que la segunda tiene una edición en papel; en periodismo basura, ambas publicaciones andan a la par.

3 Juan Carlos R.

Que a un vello de 85 anos, condeado a só 2 anos de prisión (de esos que antes da Pantoja ninguen entraba na cadea), se fagan comentarios tipo "cumpriu polo tanto menos do 25% da condena" ou "o suposto delicado estado de saude....", e indicativo da miseria e fariseismo que impera neste país.

1 Mazaira

Xa que eres tan boa persoa, podes entrar ti na cadea por el. Animo colega e non sigamos defendendo a delincuentes.

2 Leike

Pois claro que vai colaborar "de forma altruista e sen contraprestación económica" Lémbrame a xenerosidade de Oubiña. E a de tantos "colaboradores".

1 o venezolanito cabron

o frijoles tampouco pasou nada por ter amigos do narcotráfico, nese iate do narqueo... outros por un roubo de jaliñas son 3-4 anos no presidio, aquí non temos xustiza sinon burguesía e depravación... a burguesía ten que ser expropiada tanto políticamente como económicamente, pero namentras no segundo caso temos que ter enconta a burguesía nacional, temos que ter enconta a necesidade e aportación desta clase na construcción da patria, pero no primeiro caso... si nin un.ha farguña nin nada de nada... fora partidos políticos burgueses desde o ladroecio do pepeiro o reforimismo corruptor do vieirismo mareado de podreiros como o fascio e os noxentos nazis!!!