Os okupas de Meirás

Nestes tempos de revisionismo historiográfico e post-verdade cómpre lembrar algunhas cousas certas. Como que a adquisición do pazo de Meirás para llelo doar ao ditador Franco non foi por suscrición voluntaria, senón por vías de forza e coactivas. No 1937 constituiuse unha comisión “Pro Pazo del Caudillo”, integrada polo Gobernador Civil e outros xerarcas franquistas e forzas vivas para mercarlle o pazo á súa propietaria e aquelalo consonte cos requisitos dunha grande residencia de luxo. A todos os empregados públicos e de moitas empresas privadas lles foi efectuado á forza un desconto salarial, normalmente dun día de soldo.

Por X.A. Pérez-Lema | A Coruña | 06/08/2017

Comparte esta noticia

Mentres, esa comisión dirixíase aos alcaldes para lles instar a constituir comités locais de recadación, adoito sinalándolles a cantidade estimada que habería cobrir o concello. Comités que visitaban aos veciños para lles pedir a súa achega. Comprenderán vostedes o grao de liberdade, no medio do terror da guerra civil, que tiñan os veciños para rexeitar tan amábel oferta. O traballo completouse coa expropiación, a prezo baixísimo, das catro hectáreas de boas terras agrarias dos veciños de Meirás que circundaban o Pazo.

Nos nosos tempos, cómpre lembrar que non foi Feijóo quen abriu o pazo ás visitas (como ven de dicir), senón a conselleira nacionalista Ánxela Bugallo, que declarou ben de interese cultural (BIC) o pazo no 2008. Feijóo só executou, no 2011, a sentenza xudicial definitiva que confirmou a decisión do bipartito. Unha volta máis Feijóo e post-verdade son realidades que camiñan xuntas.

Canto á familia do ditador, son perfectamente conscientes da ilegalidade e ilexitimidade de orixe  desta propiedade. Opuxéronse á declaración do pazo como BIC e ás visitas públicas até chegar ao mesmo Tribunal Supremo. Agora, nun claro aceno de provocación, conveniaron estas visitas cunha Fundación Francisco Franco que teima en defender os valores antidemocráticos, facendo apoloxía da ditadura franquista . Nunca  dixeron  verba ningunha de piedade ou compaixón e menos desculpa ou arrepentimento a respecto dos crimes, abusos e despoxos patrimoniais causados polo réxime que instaurou e dirixiu o seu pai e abó con mán de ferro. Sonlles, miñas donas e meus señores, os okupas de Meirás.
 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.