Por Galicia Confidencial | A Coruña | 19/08/2017 | Actualizada ás 21:20
Mustafá Alhendi, voceiro deste colectivo, declarou o sábado que o grupo “rexeita rotudamente calquera intento de vincular o nome da relixión e as súas ensinanzas con estos actos salvaxes”. A través dunha carta difundida na Coruña, a Unión dá o pésame aos familiares das vítimas, desexa unha pronta recuperación aos familias e pide perseguir aos culpábeis.
“Erguemos a voz para que caia todo o peso da xustiza sobre estes terroristas e pedimos abertamente que os responsábeis que actúan na sombra sexan identificados publicamente, dando a coñecer as fontes de apoio a estas organizacións”, reclama Alhendi.
Cómpre lembra que o Islam vive nunha gran polémica sobre o papel da súa rama máis ultraortodoxa e conservadora, o salafismo, como inspirador e financiador do terrorismo xihadista; dado que o salafismo é a ideoloxía que sostén a réximes de Arabia Saudí e doutros países do Golfo.
O Delegado da Comisión Islámica en Galicia conclúe dicindo que tales ataques a inocentes “non teñen xustificación moral, humana nin moito menos relixiosa”.
Mustafá Alhendi, presidente da Unión de Comunidades Islámicas de Galicia engadiu na TVG que “qQueremos deixar moi claro que non ten nada que ver a relixión co terrorismo. O islamismo como relixón non é o Estado Islámico. Nós somos musulmáns porque a nosa relixión é a do Islam, pero é que o Corán non deixa, condena calquera tivo de matanza, de morte de inocentes. Amais, nós, coma sempre, colaboramos coas forzas de seguridade e coas autoridades"
No país estímase que viven uns 17.000 musulmáns, do 1,9 millóns de crentes nesta fe que se estima residen no conxunto do Estado español. Ademais, calcúlase que hai outros 10.000 que van e veñen na nosa comunidade. As orixes senegalesas, marroquís, africanas ou árabes son as máis comúns.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.