Traballadores de Elnosa denuncian ante o Parlamento que o BNG "quere pechar" a súa empresa

Acusan ao alcalde Miguel Anxo Fernández Lores de "sátrapa" e din que a intención do seu concello é a de ir "pechando empresas".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/09/2017 | Actualizada ás 12:16

Comparte esta noticia

Media ducia de traballadores de Elnosa deuse cita este mércores ante o Parlamento de Galicia para criticar ao BNG, ao que acusa de "querer pechar" a súa empresa, e para cargar contra o "sátrapa" Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra.

Concentración de traballadores de Elnosa ante o Parlamento
Concentración de traballadores de Elnosa ante o Parlamento | Fonte: Europa Press

En declaracións a Europa Press, o presidente do comité de empresa, Avelino Martínez, relacionou a súa protesta fronte á Cámara, coincidindo co pleno, cunha pregunta do Bloque sobre o proxecto sectorial de incidencia municipal que se está tramitando para permitir que Elnosa continúe na súa localización máis aló do mes de decembro, cando caduca a súa autorización ambiental.

Esta iniciativa parlamentaria, tal e como sostivo, súmase á intención do Concello de Pontevedra de "pechar a empresa" sen dar "ningún tipo de alternativa" aos traballadores. "Hai que esixir ás administracións que requiran ás empresas para cumprir a lei, como está a facer a nosa, pero que manteñan o traballo", defendeu Avelino Martínez.

Desde o convencemento de que "é denigrante vir ao Parlamento a pedir o peche de empresas", incidiu en que os traballadores seguirán "pelexando" polos seus empregos. "Non nos van a calar, nin dun partido nin doutro. Seguiremos defendendo os nosos postos de traballo póñase quen se poña diante", salientou.

Como indicou, Elnosa supón uns 70 contratos na comarca de Pontevedra "estables e de calidade", e soporta uns 200 postos tendo en conta a actividade indirecta. "Non andamos sobrados para desperdiciar iso", concluíu o presidente do comité de empresa.

"SÁTRAPA LORES"

Ademais, nun manifesto repartido durante a protesta, os traballadores lamentan "vivir día a día sendo a diana cara á que apunta e dispara" o Concello de Pontevedra e que "se utilicen recursos públicos para litigar contra a permanencia dos postos de traballo".

"É indecente que un sátrapa (persoa que abusa da súa autoridade para conseguir o que desexa) como o alcalde Lores pretenda arruinar as nosas vidas", prosegue o texto, no que se asegura que os traballadores seguirán "pelexando" polo seu "futuro" fronte á "violencia institucional" que sofren.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

2 Leike

Para quen queira facerse unha opinión sobre o que foi e é a ría de Pontevedra, e como o franquismo impuxo ENCE "manu militari", aconsello ver o documental "Paraíso roubado", de Lukas Santiago (primeiro dun proxecto de tres). Se alguén ten acceso a unha ligazón gratuita, sería óptimo que a puxese.

1 Argonauta

A eses Traballadores (os típicos malandromantidos- que supoño Terán o apoio da "Mareas" e todo.. -que seguro que non queren trasladar-se vinte kilómetros, como os do 061: Santiago a Estrada, por que sei que se lle "desestructura a Unidade Familiar"...despois ándan-lle pondo os Cornos á Parella....eso non desestructura....) había que polos a viver os 365 días do ano ao lado da Chemine de Celulosas.....é una grande mentira....o que se quere e Trasladá-la para aló onde non moleste aos pobres pontevedreses...outra cousa é que a empresa, para presionar, amague cun Peche....Fóra Mer da da Ria e e Sindicatos Facciosos CCOOManosLimpias de Pontevedra!!......Grandes Bolas as do Alcalde Pontevedres....mágoa......cunha Ducia así Galiza superaba a Catalunya en Autoestima e Determinación....