Temas: LUGO XIHADISMO

O San Froilán tamén se blinda ante posibles ataques xihadistas

A policía instalará "elementos disuasorios" nos puntos de concentración de persoas durante as festas de Lugo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/09/2017 | Actualizada ás 17:41

Comparte esta noticia

O subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, confirmou que a xunta de seguridade extraordinaria previa ás festas de San Froilán --que se celebrarán en Lugo do 4 ao 12 de outubro-- acordou a instalación de "elementos móbiles disuasorios" nos puntos de maior concentración de persoas durante as festividades.

Festa de San Froilán
Festa de San Froilán | Fonte: Europa Press

Carballo atendeu aos medios ao termo da xunta de seguridade, que tivo lugar este luns no consistorio lucense e que se prolongou máis aló da hora e media.

O subdelegado sinalou que, para as festas lucenses deste ano, "deseñouse un plan que vai pasar fundamentalmente por medidas móbiles que eviten poder circular" tanto polo recinto feiral como pola zona vella da cidade.

"Iso vai ser un dispositivo fundamental", comentou Carballo, que avanzou que, para este ano, manterase a "tolerancia cero" cos 'manteros'. O Concello de Lugo habilitou un espazo no recinto feiral para a instalación dos vendedores ambulantes, que deberán solicitar unha autorización.

DISPOSITIVO POLICIAL

O subdelegado sinalou que, como é costume, axentes da Unidade de Intervención Policial (UIP) da Coruña reforzarán o dispositivo da Policía Nacional para os días do San Froilán.

"Ningún tipo de alarma co tema do 'xihadismo', pero si se van a tomar as medidas que se recomendan desde o Ministerio do Interior en recintos de aglomeracións", remarcou.

Durante as festas, eses "elementos móbiles disuasorios" emprazaranse no recinto feiral e no centro histórico e, fundamentalmente, "vanse a utilizar coches policiais e mesmo de bombeiros para previr que poida entrar algún vehículo con mala intención ou despistado".

Temas: LUGO XIHADISMO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 galegoexiliado

Din que se blindan, pero seguen a ofender e provocar ó profeta e aos seus seguidores con ese nome políticamente incorrecto como é "SAN" Froilán. Froilán, Froilán a secas. É que van provocando e logo pasa o que pasa. Mais integración e menos provacación.

1 pepe yihad

Deberian impedir o paso dos pepeiros, seica son xente de yihanismo de I$I$ que soñan coa unidade de al-andalus e que teñen un golfo de presidente, miren o de ceuta militante pepeiro enchufado como mestre de nenos e rapaces marxinados e que ensinaba o pepeiro como degolar como cortar cabezas... deberían por un control onde inviten gratis a viño e orella de porco ou xamon de porco celta... e mellor co control dos biosbardos e arcos detectores...