Por Manuel Vilas | Santiago de Compostela | 25/09/2017 | Actualizada ás 14:57
Na misiva remitida a Agustín Hernández, líder da oposición en Compostela, explica a súa renuncia ante os “impedimentos para o desenvolvemento a miña labor como presidente, e en consecuencia aos demais cargos orgánicos da organización”.
Cuestionado por esta redacción, Villa desvincula a súa marcha do recente congreso de Novas Xeracións a nivel autonómico. De feito, asegura que si permaneceu no cargo até hoxe foi, precisamente, para agardar a celebración do citado congreso.
O ex-líder das Novas Xeracións de Compostela confirma que a dimisión se debe a cuestións internas do partido en Santiago, pero négase a afondar en público nelas.
Fontes coñecedoras da vida interna do PP santiagués, vinculan a súa marcha a existencia de tensións entre dous bandos nos conservadores, un deles os afíns a Carlos Pillado, ao que pertencería o propio Villa, e ao bando no que se apoia o ex-conselleiro Agustín Hernández. Un Hernández que, malia que a carta de dimisión levaba horas circulando, dicía ao mediodía a través da súa voceira oficial que non tiña constancia da renuncia.
Adrián Villa Torres era tamén o coordinador de Redes Sociais do PP na capital do país. Levaba no posto dende comezos de ano.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.