Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/09/2017 | Actualizada ás 18:17
Medio cento de alumnos da Universidade de Santiago de Compostela (USC) concentrouse ás 14,00 horas deste xoves --ante a Facultade de Políticas-- para protestar contra tres docentes desta institución compostelá que asinaron o manifesto 'Parar el golpe. 500 profesores en defensa de la democracia constitucional', contrario ao referendo do próximo 1 de outubro en Cataluña.
Así, alumnos de Dereito e Políticas concentráronse tras unha pancarta na que se podía ler: 'Non no noso nome'. En declaracións, Pablo Rodríguez, un dos estudantes presentes, explicou que se convocou esta concentración para protestar contra estres tres docentes por asinar un manifesto "que pouco máis que pedía o uso da violencia en Cataluña".
"Apoiamos o dereito a decidir e estamos en contra do uso da violencia por parte do Goberno", sostén Rodríguez, que apunta que "se les o manifesto non buscan unha saída diplomática do asunto de Cataluña".
En concreto, os tres profesores contra os que protestaron este xoves son: Celestino García e Miguel Caínzos, de Políticas, e Roberto Blanco Valdés, de Dereito, e un dos colaboradores editorialistas do xornal La Voz de Galicia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.