Alumnos da USC protestan contra tres profesores que asinaron un manifesto antirreferéndum

Celestino García e Miguel Caínzos, de Políticas, e Roberto Blanco Valdés, de Dereito, asinaron o manifesto "Parar el golpe. 500 profesores en defensa de la democracia constitucional".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/09/2017 | Actualizada ás 18:17

Comparte esta noticia

Medio cento de alumnos da Universidade de Santiago de Compostela (USC) concentrouse ás 14,00 horas deste xoves --ante a Facultade de Políticas-- para protestar contra tres docentes desta institución compostelá que asinaron o manifesto 'Parar el golpe. 500 profesores en defensa de la democracia constitucional', contrario ao referendo do próximo 1 de outubro en Cataluña.

Protestas de estudantes da USC contra profesores contrarios ao referendo
Protestas de estudantes da USC contra profesores contrarios ao referendo | Fonte: Europa Press

Así, alumnos de Dereito e Políticas concentráronse tras unha pancarta na que se podía ler: 'Non no noso nome'. En declaracións, Pablo Rodríguez, un dos estudantes presentes, explicou que se convocou esta concentración para protestar contra estres tres docentes por asinar un manifesto "que pouco máis que pedía o uso da violencia en Cataluña".

"Apoiamos o dereito a decidir e estamos en contra do uso da violencia por parte do Goberno", sostén Rodríguez, que apunta que "se les o manifesto non buscan unha saída diplomática do asunto de Cataluña".

En concreto, os tres profesores contra os que protestaron este xoves son: Celestino García e Miguel Caínzos, de Políticas, e Roberto Blanco Valdés, de Dereito, e un dos colaboradores editorialistas do xornal La Voz de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 14 comentarios

6 Menos panfletadiñas.

O titular da noticia debería ser " 50 alumnos maniféstánse", e non " Alumnos maniféstanse", porque ese titular parece que da a entender que poden ser milleiros os manifestantes. E rollos eses que se os " imperialistas e os supremacistas" son conceptos moi cargados ideolóxicamente pero pouco analizables semánticamente. Polo visto, todos os que se oponen ao referendeum son " fascistas", coma se o fascismo non fose un movimiento que existiu na segunda guerra mundial. Algo menos de panfletada, por favor.

1 LKI

50? Contáchelos? És policía?

5 Freixo

Pensei que haveria mais fascio entre o professorado, bem se deita que só é o trio da gandalhada supremacista e imperialista espanhola de toda a vida.

4 Inimigo

Sí no fuera por Juan Valdés, nos quedaríamos con las ganas de tomar café, de tomar café, de tomar café...

3 Berros

Repulsivo. Manifestarse contra el hecho de unos manifiesten una opinión distinta a la de otros es el colmo del totalitarismo

2 Gui

Menuda pandilla de niñitos que no respetan la libertad de expresión de los demás

1 LKI

Home, Celestino García, Miguel Caínzos e Blanco Valdés, "niñitos" xa non che son dende hai anos.